“OHL 30.000 euros en campaña” para o PPdeG

Varios sumarios xudiciais inclúen indicios de corrupción entre empresas de Villar Mir e o PP galego. Unha nota manuscrita do ex-tesoureiro do PPdeG indica que o congreso que elixiu a Feijóo foi pagado en negro aportado pola construtora. Ademais, OHL é unha das empresas as que terían intentado beneficiar Ángel Espadas e un xuíz.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 04/05/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O PSdeG négase polo de agora a apoiar a Comisión de Investigación no Parlamento de Galicia sobre o grupo empresarial de Villar Mir. O seu voceiro Xaquín Fernández Leiceaga condiciona o apoio á existencia de “indicios” de corrupción en Galicia, que di non ver até o de agora. 

Apunte sobre o PP de Galicia entregado por Bárcenas á Audiencia Nacional
Apunte sobre o PP de Galicia entregado por Bárcenas á Audiencia Nacional | Fonte: El País

O promotor, o Bloque, non ten deputados dabondo para pedila por si só. Os nacionalistas xa confirmaron contactos con En Marea . 

O líder da confluencia Luís Villares dixo que cre que hai unha conexión evidente entre o “financiamento ilegal do PP” e os “favores a devolver” por parte do partido a través dos seus gobernos autonómicos. En Marea aposta por “mirar con lupa” os contratos da Xunta con OHL e outras empresas dos imputados na Operación Lezo.

Polo tanto, o PSdeG pode ser a única forza da oposición en contra da Comisión da Investigación sobre Villar Mir. 

Ten razón Leiceaga cando di que polo de agora non hai indicios de corrupción en Galicia neste caso? Está no correcto o PPdeG cando critica os “ventiladores preventivos”?

Ángel Espadas
Ángel Espadas

A verdade é que hai polo menos tres indicios claros de posíbeis asuntos turbios entre o PPdeG e OHL. O primeiro, a adxudicación sen publicidade dos concurso dos albergues, adianta hai meses por este xornal. 

O segundo, unha referencia clarísima ao posíbe  financiamento ilegal do PPdeG por parte da construtora OHL na declaración xudicial do ex-tesoureiro estatal. Luís Bárcenas dixo na Audiencia Nacional que o congreso do PPdeG que elixiu a Feijóo como líder foi pagado en parte con diñeiro negro. Bárcenas e unha nota manuscrita polo tesoureiro do PPdeG identifican a OHL como unha das construtoras que pagaron as facturas dos conservadores. 

Bárcenas fai estas declaracións cando o xuíz lle pregunta por unha nota descuberta pola Policía, escrita por Modesto Fernández, daquela xerente do PP en Galicia. Nela lese claramente "OHL 300.000 euros en campaña".  O tesoureiro explica que o PP galego estaba en mala situación económica e por iso pediron a axuda de Génova. Nese proceso, o PPdeG tería explicado ao aparato estatal que empresas fornecían a súa caixa B.

Esta é o pasaxe completa da declaración de Bárcenas ante o xuíz Pablo Ruz en 2013:

Sr. Magistrado-Juez: Mire hay un documento, o dos documentos en concreto de los que aporta usted aquí, que yo no sé si al principio ha dado explicaciones de ellos, pero me gustaría que volviéramos sobre ello. Aparecen en una carpeta que no sé que pone aquí, si me lo puede decir, y si tiene alguna relación con las dos hojas que se aportan. 

D. Luis Bárcenas: Ahí pone, parece que quiero poner: "Campaña". Sr. Magistrado-Juez: y se trata de 2 hojas que son como de visita, con su nombre. 

D. Luis Bárcenas: Esas son unas octavíllas en las que yo escríbí unas notas. 

Sr. Magistrado-Juez: ¿Nos puede decir cada una a qué responden? ¿Los conceptos...? 

D. Luis Bárcenas: Sí, esto de Galicia, esto es una relación... esto va con otra relación que debe estar en esa documentación de aportaciones de una serie de empresas en el año 2006 a Galicia. Esa campaña había generado déficit, tenía el partido en Galicia una situación económica mala, nos habían pedido ayuda, y Álvaro Lapuerta pidió que, antes de ver si comprometíamos alguna ayuda o no, queríamos saber: primero ¿cómo iban a vivir el resto del ejercicio que quedaba?, y ¿cuál había sido la situación de la campaña? Esta relación nos la entregó Modesto Fernández, que era el gerente regional del partido en Galicia, en la que aquí pone: "OHL 300.000 euros en campaña", "ACS se compromete a 1.000.000 de euros, ha dado 30.000", "Ingresado en 2006 en donativos aproximadamente 360.000.000 de pesetas". Y luego pone: "Fomento de Construcciones y Contratas daba 50.000 euros al mes. Va a dar, a partir de ahora, 12.000 euros al mes, más una ayuda específica para la campaña", Y luego apunto: "Las empresas siguen ayudando". y luego tengo aquí una nota que pone: "Ojo, donatívo Acciona", que no sé lo que quise decír con eso. Y luego pone que el congreso del partido, en el que sale elegido el Sr. Feijoo, presidente del partído, y una romería que se hacía al Monte do Gozo, estaban ya pagados.

O terceiro indicio que vincula a OHL coa corrupción no PPdeG está no sumario da Operación Pokemon. Tras ser defenestrado, o xefe de Gabinete da Alcaldía de Santiago traballa para a construtora Unika  como “abrelatas” para conseguir contratos públicos, en palabras de Vigilancia Aduanera. 

Segundo informou a Ser, a escoita das conversas a Espadas permitiu aos policías identificar ducias de xestións para lograr adxudicacións, entre elas unha “gran obra” para unha Unión Temporal de Empresas formada por Unika e unha filial de OHL. Unha xestión na que -segundo Vigilancia Aduantera- tamén podería ter participado o xuíz Juan Carlos Carballal.

Apoiará finalmente o PSdeG a Comisión de Investigación deixando só ao PPdeG? O certo é que na pasada lexislatura os socialistas da Cámara Galega xa pediron os contratos a OHL.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Gustavo

Si son 300.000 euros como se lé claramente nos papeis, por qué poñedes 30.000 nos titulares?

1 Gamela

Minucias en comparación cos 175 millóns da EDAR de Vigo https://flic.kr/p/QpAGAj Se fixeran unha auditoria desta megaconstrucción e sobre todo se alguén publicara os índices de contaminación que esta EDAR verte a diario á ría... Cicais poderíamos coñecer onde van parar os millóns do famoso Canon de Saneamento que pagamos tódolos meses co recibo da auga en Galicia !!!

1 tino

troll corrupto pepeiro en funcionamento....

2 Gamela

e logo...?

3 Kollontai luguesa

Eu creo que cho di porque tes certas teimas case obsesivas, pero pareceme unha descualificacion inxusta.

4 Informado

Non mezcles cousas... En primeiro lugar o canon de saneamento derrogouse no ano 2012, e foi substituído polo canon da auga. En segundo lugar, tanto o canon de saneamento como o canon da auga son impostos e como tales son tributos sen contraprestacións, é dicir, non se cobra porque te estean dando un servizo. O que ti pagas porque a depuradora depure ben é a taxa de depuración que te cobra o concello, así que, a pregunta que te tes que facer é que fai o concello e aqualia con esa taxa

5 Gamela

eu o único que sei é que pago 38,69 € a Aqualia FCC ! Abastecemento : 11,30 Saneamento 12,28 Canon da Auga 3,08 e demáis taxas e impostos total 38,69. Seica precisamos dunha auditoria para entender o recibo da auga, da luz, do gas, etc... Que nos están roubando sabémolo TODOS! Pero algún aínda dirá que é barato pagar a FCC o que debera ser un ben básico da poboación!!!