Luis Piedrahita presenta o seu novo espectáculo en tres cidades do país

As entradas para "Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas", que se representará durante o mes de maio, están dispoñibles a través da web Ataquilla.com.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 04/05/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O cómico Luis Piedrahita presenta en varias cidades galegas o seu espectáculo Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas. Deste xeito, Piedrahita estará os días 11 e 12 de maio, ás 21.00 h, no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela; o 13 de maio, ás 20.30 h, no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2) e os días 26 e 27 de maio, ás 20.00 h e 21.00 h respectivamente, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas pódense adquirir a través da web Ataquilla.com dende 12 euros.

LUIS PIEDRAHITA
LUIS PIEDRAHITA

Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas, de Luis Piedrahita

En palabras dos propios produtores do espectáculo: «É vostede desas persoas que len a crítica dun espectáculo antes de velo? Agora non diga que non, porque o pillamos in fraganti. Está vostede de noraboa. Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas é un show pensado para xente coma vostede. Xente esixente, aseada e con sentido do humor. Somos tan modestos que preferimos falar ben de vostede antes que do noso show. Aínda así, non queremos ocultar que deste espectáculo se dixo que é unha das obras máis enxeñosas, brillantes e poéticas do século XXI. O que si queremos ocultar é que foi o propio Piedrahita quen o dixo».

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta