Temas: ENERXíA SOL XUNTA

A Xunta tamén se apunta á enerxía solar

Instalará paneis solares nos seus edificios centrais para aforrar un 12% de consumo eléctrico. Tamén ofrecerá axudas a particulares para fomentar este tipo de enerxía.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/05/2017 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Diminuír a factura eléctrica, fomentar o uso de enerxías limpas e o autoconsumo e abaratar a factura eléctrica. Eses son os obxectivos da Xunta para promocionar o uso da enerxía solar en Galicia. E, para iso, comezará dando exemplo, coa instalación de paneis que ocuparán 3.000 metros cadrados na súa sede central de Santiago, en San Caetano.

Paneis solares en diversas vivendas
Paneis solares en diversas vivendas

Deste xeito, o Goberno galego prevé que un terzo da súa enerxía sexa producida polo sol e acadar, así, un aforro de 55.000 euros ao ano na factura eléctrica. Este novo proxecto enerxético suporá tamén a reedificación de varias infraestruturas do entorno de San Caetano. Deste xeito, construirase un novo aparcadoiro con surtidores eléctricos, ademais de incorporar iluminación con led, novos xardíns e unha caldeira de biomasa para a Dirección Xeral de Montes.

Foi o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo o encargado de anunciar este novo plan enerxético. Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, tamén anunciou axudas de 300.000 euros para os galegos que tamén queiran instalar paneis solares nos seus fogares.

Estas axudas, segundo suliñou, beneficiarán a 350 familias e propietarios para a realización de 30 proxectos enerxéticos. O Goberno galego financiará ata un 50% dos mesmos, o que permitirá aforrar 30.000 euros anuais na factura eléctrica.

Temas: ENERXíA SOL XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta