Baltar preséntase como “máximo defensor da legalidade” ante as fraudes en cursos

O presidente da Deputación de Ourense pide "esperar" os resultados das dilixencias informativas sobre o labor do seu xefe de persoal, relacionado coas irregularidadee en cursos de formación.

Por E.P. | Ourense | 04/05/2017 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, apelou este xoves a "esperar" os resultados das dilixencias informativas abertas polo ente provincial o pasado venres para determinar se existe algunha relación entre o xefe de Recursos Humanos, José Luís Suárez, cunha suposta fraude en cursos de formación, antes de pronunciarse sobre que medidas tomará en relación a este caso.

O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar (PP)
O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar (PP) | Fonte: Europa Press

"Imos esperar a coñecer" os resultados, explicou o presidente do ente provincial. "Se hai calquera ilegalidade, nós seremos os máximos defensores da legalidade. Non hai ningunha dúbida", subliñou no entanto.

Baltar non quixo anticipar "futuribles" e fixo un chamamento para "esperar" os resultados da dilixencia informativa aberta pola institución provincial para determinar se existe algunha relación entre a operación policial na que está investigado o xefe de Recursos Humanos da Deputación e a súa actuación no exercicio das súas funcións como empregado público provincial.

Ademais, o presidente da Deputación confirmou que as dilixencias xa están en marcha desde o pasado venres, "desde o momento no que empezou a providencia nomeando como instrutor ao vicesecretario xeral da Deputación", Juan Marquina Fortes, para que reúna información e remítaa á Presidencia do ente provincial.

"Á ESPERA"

"Estamos á espera", explicou Manuel Baltar, en relación a esa información, aínda que non concretou cando podería estar rematada a investigación interna.

Neste sentido, o presidente da Deputación de Ourense sinalou que os prazos dependerán "do que dispoña o instrutor nesa primeira actuación, que será recibir a declaración" do xefe de Recursos Humanos.

O CASO

O xefe de Recursos Humanos e Persoal da Deputación de Ourense, José Luís Suárez, está investigado por un suposto delito de suborno nun operativo con cinco detidos e dous investigados —un deles el mesmo— en relación a unha suposta fraude en cursos de formación.

O 26 de abril a Policía detivo a cinco persoas por delitos de falsidade documental, contra a facenda pública e a Seguridade Social, contra a Administración pública, branqueo de capitais, estafa e suborno.

Os principais investigados son un matrimonio, o home era responsable do centro de formación e a súa muller traballa na delegación territorial da Xunta en Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Bisbardos

Un caso máis de tantos relacionados coa familia Baltar. Tarde ou cedo acabarán como os Fabra.

1 Edelmiro

Non comenta ninguén. És unha vergonha para este país. E os paisanos e provincianos da psoguerra que vos votan son outra vergonha. Non te quero ver nos medios. Quero que te invisibilices. Ás veces penso que son galego ao meu pesar por xente como ti.