O Concello de Dodro pide por unanimidade un Día das Letras para Eusebio Lorenzo Baleirón

A pesares da súa morte prematura deixou publicados tres libros e outro que se publicaría póstumo.

Por Galicia Confidencial | Dodro | 05/05/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Concello de Dodro, por unanimidade de toda a corporación, aprobou este xoves unha moción do grupo municipal da Unidade Veciñal de Dodro para solicitar á Real Academia Galega que dedique o Día das Letras Galegas a Eusebio Lorenzo Baleirón

O escritor Eusebio Lorenzo Baleirón, á dereita
O escritor Eusebio Lorenzo Baleirón, á dereita

A sesión celebrouse co salón de plenos ateigado con representantes das asociacións de veciños, comunidades de montes, asociación culturais e deportivas e anpas que quixeron, deste xeito, apoiar a figura do escritor.

“Para nós como dodrenses, parécenos de xustiza que se lle outorgue este recoñecemento, e para facelo visible foi a maneira polo que solicitamos a celebración do pleno extraordinario para reafirmar a demanda de todo o pobo de Dodro”, suliñou Unidade Veciña de Dodro nun comnicado.

Eusebio Lorenzo Baleirón

Eusebio Lorenzo Baleirón, naceu en Laíño (Dodro) o 25 de xaneiro de 1962 e finou o 14 de decembro de 1986 tamén en Dodro. Era irmán do tamén escritor Manuel Lorenzo Baleirón. A pesar da súa pronta morte tivo unha prolixa actividade literaria. En 1985 sacaría á luz dous poemarios: Os días olvidados e O corpo e as sombras, a esa altura publica tamén un libro de narrativa xuvenil: O libro das viaxes e dos soños. A morte prematura impediulle ver editado o que sería o seu terceiro poemario, A morte presentida, que foi publicado postumamente en 1988.

No décimo aniversario da morte do poeta editouse a súa obra poética completa: Gramática do silencio. Obra poética. Así mesmo, en 2000 saíu á luz Antología Poética, unha antoloxía bilingüe (galego-español) baixo o coidado de Ánxeles Penas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta