Temas: GALAXIAS

Reeditan as Covas do Rei Cintolo, unha das primeiras obras en galego durante o Franquismo

O libro, que se editou por primeira vez no ano 1956 pola Editorial Galaxia, conta cun prólogo de Ramón Piñeiro, e un vocabulario de Voces pouco usadas.

Por Galicia Confidencial | Ribadeo | 06/05/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

As covas do Rei Cintolo,  de Danieel Cortezón, foi publicada por primeira vez no ano 1956, pola Editorial Galaxia, cun prólogo de Ramón Piñeiro, e un vocabulario de Voces pouco usadas. Foi un dos primeiros libros en editarse en galego durante o Franquismo. E, agora, esta obra acaba de ser reediatada pola Deputación de Lugo nunha nova edición que inclúe un cómic dun autor ribadense, Suso Peña, que leva o mesmo título. 

Unha edición orixinal das Covas do Rei Cintolo, de Daniel Cortezón
Unha edición orixinal das Covas do Rei Cintolo, de Daniel Cortezón

Daniel Cortezón (Ribadeo, 1927-2009), cultivou a narrativa, o ensaio e o teatro, eido no que desenrolaría a maior parte do seu traballo literario. Entre as súas obras destaca “Os Irmandiños”, ou “Xelmirez ou a gloria de Compostela”, “De la saudade y sus formas”, “Dionisio Gamallo Fierros, Varón de Porcillán”, e no ano 1981 recibiu o Premio Blanco Amor coa obra “A vila asulagada”.

“Con esta publicación faise xustiza coa obra destes dous autores ribadenses. Xa que, por un lado recuperamos unha das primeiras novelas publicadas en galego, que xa tivo éxito alá polo anos 50, e ademais descubrimos o cómic de Suso Peña, o primeiro debuxante de cómic profesional de Galicia. Unha peza que debuxou para unha revista que se chamaba Comix, da editorial Toutain”, suliñou a  Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto durante a presentación da obra este venres en Ribadeo.

Pola súa banda, Suso Peña (Ribadeo, 1941-2005), mestre autodidacta en case tódalas áreas que abrangue o mundo gráfico:debuxo, ilustración, deseño, fotografía, aínda que sería coñecido máis que nada polo seu traballo como debuxante- e tamén de guionista- de cómic no eido no que acadaría recoñecemento universal, e no que hai que resaltar “El Senado en España (1985)”, coa que se deu a coñecer esta institución.

Temas: GALAXIAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta