Temas: ARTESANíA

Queres especializarte en artesanía?

O Goberno da Deputación de Lugo ofrece 71 obradoiros e demostracións de artesanía a Concellos e asociacións de toda a provincia.

Por GC Emprende | Lugo | 06/05/2017 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O Executivo da Deputación de Lugo ofrece un total de 71 obradoiros e demostracións en vivo de artesanía aos 67 Concellos da provincia de Lugo, así como a todos os asociacións lucenses. Faino a través da programación Promoción da Artesanía 2017. Conta cun orzamento de 35.000 euros para asumir todos os custos da organización e celebración desta actividades en impulso do sector artesanal da provincia. 

Imaxe de Alma da Artesanía
Imaxe de Alma da Artesanía

Así o informou este venres a vicevoceira do Goberno Provincial, Pilar García Porto, que explicou que maña se publicarán as bases desta programación no BOP e o luns abrirase o prazo de solicitude ata o 21 de maio incluído. As bases e anexos estarán a próxima semana en www.deputacionlugo.gal. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Provincial. 

Haberá unha inscrición para todos os artesáns interesados. Para garantir a igualdade de participación, estes entrarán nunha bolsa á que o organismo provincial recorrerá á hora da celebración dos obradoiros e demostración. A súa selección rexerase por rigorosa orde de solicitude e entrada en dita bolsa. Terán que cumprir cos requisitos que se establecen nas bases. A outra inscrición será para todos os Concellos e asociacións da provincia que desexen beneficiarse destas actividades, que son totalmente gratuítas para os mesmos.  

Haberá dúas liñas; o Obradoiros Artesáns, unha liña que conta cunha achega de 22.000 euros, cos que se poderán celebrar un total de 30 obradoiros na provincia. Entre as modalidades haberá de traxe tradicional popular, coiro, encaixe de palillos, cestaría, fotografía, instrumentos musicais, talla de madeira, tornaría, tear, olaría tradicional, cantaría, encadernación, pinturas e revestimentos decorativos, papel, papel artesanal, escenografía ou monicreques. Cada un deles ofrece 25 horas formativas, será financiado en solitario polo organismo provincial con 700 euros. Isto implica que, en total, serán ao redor de 750 horas de formación.

A segunda son as demostracións en vivo. Esta liña está dotada con 13.000 euros, coa se poderán celebrar 40 demostracións en vivo: coiro; olaría; cestaría; cantaría; forxa; talla de madeira; torno; tear e creación de espectáculos de monicreques. Cada demostración deberá ser dun mínimo de 4 horas, será financiada en solitario polo organismo provincial con 300 euros. Isto implica que, en total, serán ao redor de 300 horas de demostracións.

Emprego

Por outra banda, o Executivo da Deputación tamén acordou hoxe na Xunta de Goberno propoñer á Xunta de Galicia a celebración de 2 accións formativas remuneradas para un total de 32 desempregados lucenses co fin de facilitar a súa inserción laboral.  Ambas as dúas accións están dirixidas a mozos menores de 25 anos, ou de 30 nos casos de persoas con capacidades diferentes. Ofrecen 970 horas de formación, remunerada cuns 700 euros. Estas accións contan tamén co certificado de profesionalidade correspondente.

Temas: ARTESANíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta