Piden a posta en marcha de "políticas activas" que permitan "fixar poboación nas montañas"

A eurodeputada galega Lidia Senra reuniu durante este saado a diferentes persoas expertas en plans de desenvolvemento rural a nivel europeo e grupos de desenvolvemento rural en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2017 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

A eurodeputada galega Lidia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, inaugurou este sábado pola mañá no salón de actos da Casa dá Cultura 'Olga Novo' de Pobra do Brollón (Lugo) a xornada sobre programa da UE para o desenvolvemento das zonas de alta montaña.

Lidia Senra no Parlamento Europeo
Lidia Senra no Parlamento Europeo

O evento, organizado pola propia europarlamentaria, reuniu durante este sábado a diferentes persoas expertas en plans de desenvolvemento rural a nivel europeo e grupos de desenvolvemento rural en Galicia, tal e como indicou AGE Europa nun comunicado.

Tamén reuniu a persoas que desenvolven hoxe en día diferentes proxectos económicos e sociais co obxectivo de manter unha montaña "viva e dinámica", como son os representantes de Caurelor, Aceites Figueiredo, a asociación veciñal e cultural de Vieiros (Quiroga) ou do proxecto da candidatura 'Montañas do Courel a Xeoparque Mundial da Unesco'.

Senra chamou a facer todo o posible para incidir na elaboración do próximo plan de desenvolvemento rural e tentar que "se adecue ás necesidades que hai en Galicia para manter as montañas vivas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O Courel debera estar nas axendas políticas dende o ano 2012 pero ninguén quixo tomar en serio o desenvolvemento deste territorio ÚNICO !!! https://es.slideshare.net/Narei/o-c... Cómpre ter valor para darlle VIDA ao Courel !!! Se non temos xente en Galicia cómpre facer un bo plan de colonización cos Refuxiados de Siria !!!