Xulio Ferreiro volve criticar o liderado de Luís Villares

O alcalde da Coruña critica o rumbo tomado por En Marea e di que "algo non se está facendo ben". Aínda que as diferenzas foron por porcentaxes de listas, insiste en que non se trata de "postos concretos".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/05/2017 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, mostrouse crítico co rumbo que, ao seu entender, está a tomar En Marea porque cre que se está apostando por unha configuración de "partido clásico". "Algo non se está facendo ben", suliñou

Nunha entrevista na Cadea Ser este domingo, o rexedor herculino opinou que ve un "erro" que En Marea estea a abandonar "o espírito de confluencia" co que foi concibido para "apostar por unha liña máis tradicional" na súa configuración como partido.

Así, criticou a forma en que foi elixida a coordinadora do partido instrumental e a decisión de Luís Villares de "romper" coa lista unitaria --parte de cuxos integrantes están na coordinadora--, vencedora nas eleccións ao Consello das Mareas, e cuxo documento político vetaba a posibilidade de que o portavoz parlamentario de En Marea asumise tamén a portavocía orgánica da formación rupturista.

E é que Ferreiro cre que Villares decidiu "apoiarse en dúas listas máis pequenas --que obtiveron en conxunto un 40% dos votos-- para sacar unha maioría", algo que foi considerado por algúns membros do Consello das Mareas --entre eles Iago Martínez de Marea Atlántica-- como un intento de "excluír" a algunhas sensibilidades integradas en En Marea dos seus órganos de dirección.

No entanto, rexeitou que o debate interno na forza rupturista se limite a unha cuestión de "portavocía" ou "postos concretos", senón que se sitúa ao redor de "dúas formas de entender o papel que debe ocupar En Marea no espazo político galego".

Ruptura "moi lonxe"

Así, Ferreiro opinou que En Marea debe reorientar o seu rumbo para dar resposta a persoas que sentiron ilusionadas "nas eleccións municipais de 2015 e que, se cadra, están a deixarse de sentir interpeladas por estas formas de facer política".

No entanto, sinalou que a posibilidade de ruptura no seo de En Marea "está moi lonxe", á vez que emprazou ao plenario do próximo mes de xullo para alcanzar "unha liña clara que non desoriente". "Hai que buscar unha solución porque non ten sentido construír a organización contra amplos espectros da sociedade e contra as sensibilidades que están a dar máis frescura e máis ilusión a moitos proxectos municipais e formas de facer política", expresou.

Futuro do PP na Coruña

Ferreiro tamén se referiu a a elección da actual conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, como presidenta do PP local da Coruña e a posibilidade de que esta se converta en candidata dos populares á Alcaldía da cidade nas eleccións municipais de 2019.

"É o PP o que ten que decidir se lle parece unha boa candidata", indicou, para logo criticar o compromiso "nulo" de Mato coa cidade da Coruña, tanto na súa actual etapa á fronte da Consellería de Medio Ambiente como no seu anterior cargo como titular de Traballo.

"Augas de Galicia leva anos sen facer investimentos na nosa cidade, a ría do Burgo está como está", manifestou o primeiro edil herculino, quen lembrou que houbo "determinadas cuestións relacionadas cos cursos de emprego" durante a súa etapa como conselleira de Traballo que tiveron unha "importante" repercusión na Coruña "como está a ter agora en Ourense".

Para Ferreiro, o PP está a realizar "unha ofensiva clara" contra a "recuperación de servizos para o público" a través da vía xudicial usando a avogacía do Estado para recorrer "sistematicamente" as municipializaciones e, agora, coa disposición final dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) na que se impide a subrogación de traballadores. Así, expresou que isto último provoca "un conflito claro" para os gobernos municipais que "deben elixir entre continuar con servizos privatizados ou recuperalos pero sen persoal".

Orzamentos

"Cruzo os dedos porque nunca se sabe". Así se expresou Ferreiro cando foi preguntado pola aprobación definitiva dos orzamentos municipais do Concello da Coruña. Este luns serán resoltas as alegacións presentadas polos grupos da oposición logo de que os orzamentos presentados polo goberno local fosen aprobados inicialmente tras a cuestión de confianza superada por Xulio Ferreiro.

"Se PP e PSOE non eran capaces de porse de acordo para formar un goberno alternativo, o que faría calquera que tivese a cidade como primeira prioridade é deixar gobernar a quen está", expresou.

Xulio Ferreiro
Xulio Ferreiro

Xulio Ferreiro, Jorge Suárez e Martiño Noriega, na asemblea da Marea Constituínte en Vigo
Xulio Ferreiro, Jorge Suárez e Martiño Noriega, na asemblea da Marea Constituínte en Vigo | Fonte: Marea Atlántica.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

4 Ferriño

Parece que Ferreiro anda a buscar disculpas para o seu máis que cheirado fracaso como Alcalde, non se da conta que nin atacando a Villares La Voz vai darlle tregua? Debera facer piña con En Marea en vez de tirar pedras contra o seu propio tellado nacional. Ou é pior aínda ...cre que lle abonda con poñer as barricadas na Ponte da Pasaxe?

1 Kollontai luguesa, a loba

Eu se fose el falaba con Balbino Fernández, o que todo o sabe e todo o pode... Ou non?

3 RAMIRO DE YOLI

O monicreque de Toné e Yoli Procesiones, atacando a Villares e apostando por Unidos Podemos e atacando a En Marea

1 Balbino Fernández

Toné e Yolanda son, con outros tantos como a Pam e a Santos, os perfectos gardas pretorianos do aparato. Podían estar na UPG, acontece que en Podemos hai graxa, unto, mamadurrias... Hai casta!

2 Kollontai luguesa alias a loba

E ti Balbino onde estas... Onde se esconden os pontificadores donos da verdade que atacan a esquerda? Quen es ti o nomeador e por que nomeas? Que informacion manexas e quen cha proporciona? Por que antes noutro comentario tentaches amedrentarme? Por que usaches ese nome para chamarme e non outro? Hai alguen que se chama asi e comenta e ti coñeces o seu nome? De ser asi por que vias o obtiveches? Sexades da marea ou do bloque convidovos a pensar sobre isto...

3 Balbino Fernández

A esquerda, estimada conspiranoica, era outra cousa. Ti confundes INTERESADAMENTE, defendes os falsarios da progresía. Entendo o teu malestar: toquei o aparato, nomeo aos teus deuses particulares, destapo o teu padado! Mágoa que sexas tan sensible cando recebes, mentres mordes sen piedade cando comentas. Grazas a xente coma ti os intereses da dereita, goberne quen goberne dentro do sistema, están a salvo. Ser raposa travestida de loba non garantiza que o cheiro non te delate, e ti fedes a bandoleira Rosaria!

4 Kollontai luguesa, a loba

Por favor, prestade atención ao diálogo completo que este señor/señora ven mantendo comigo hoxe e se sabedes pensar sumade dúas e dúas. Agora está tirando cara adiante para esconder o que quere esconder acusándome de conspiranoica... Este señor manexou datos de alguén que confundeu comigo. Pregunto de novo: de onde os tirou? Por que utilizou un nome determinado? A quen pretende atacar? E de novo, por que usa ese nome? Que quere e de onde obtén os datos? Esas son as grandes preguntas. Hoxe vai a por min pero maña quizais sexan outros os que reciban os seus ataques. Quen é Balbino Fernández? Quizais haxa que preguntalo noutros lugares que non sexan esta web?

5 Garcia

A estas alturas que che digan que ti, Kollontai ou Kollona luguesa, eras a Nefelibata ao servizo do BNG, tampouco semella unha grande descuberta. Entendo que te incomode, igual o tiñas merecido!!!

6 Kollontai luguesa, a loba

Ou es o mesmo ou axudas a Balbino. Pregunto de novo (e repito que non vou preguntar só aquí): por que usa o teu amigo ese nome que me adxudicou no comentario anterior? Quen lle deu a información? E a quen quere perxudicar? A ver, isto non é unha broma, así que non pretendas desviar o tema. Xa vos aviso que estas preguntas non van quedar só aquí. Ti sabes moi ben do que estou a falar. E se non o sabes, xa te enterarás.

2 Rodolfo

Sr. Ferreiro con tódolos meus respetos, por favor, adíquese a exercer de alcalde e deixe a nova coordinadora de En Marea traballar con tranquilidade, hai que darlle tempo o tempo, Luis Villares é unha persoa de gran valía e un auténtico garante da confluencia

1 Kollontai luguesa alias a loba

E despois son eu a loba e a raposa segundo o caro Balbino da outra nova. Eu son loba Balbino porque aos montes me empurrastes pero raposeira non meu queridiño. Deixoche un enlace dun poema dunha loba... coma min segundo ti. Pero mellor loba que raposo escondido na maraña. Lembrao. Tes boa memoria porque a miña e de elefante. Loba e elefanta. Boa mestura para tratar con raposos. A loba elefanta pode perdoar pero nunca esquecer... E cando menos o esperes ai estara a loba elefanta. Ciao caro habemonos de ver. http://cvc.cervantes.es/actcult/sto...

1 Kollontai luguesa alias a loba

Un dia contarei eu a vida dos raposos que acosan as lobas.

2 Balbino Fernández "Escuro"

Bandoleira Rosaria, por que deixaches de chamarte Nefelibata? Pillaronte coas calzas baixadas na túa 'mesurada' e 'imparcial' defensa do BNG sistémico? E decidiches mudar de nick para despistar? Que o Ferreiro traballa para a cúpula da Complutense? Evidente, desde sempre! O que non quita que o BNG sexa unha marca branca do PsoEspañol, Español, Español! E colega do PNV e CiU, aqueles que facilitaron e facilitam o trinque do Partido Podre e do PsoEspañol de Felipe X do Gal. Noxo Nefelibata, repugnancia Kollontai, arcadas Rosaria!

3 Kollontai luguesa, a loba

En que escura covacha estás ti de garda? Por que non acababa eu de facer o meu comentario e xa estabas contestando. Só se me ocorren dúas respostas e as dúas son moi inquietantes... De novo pregunto, quen es ti que nomeas e en base a que informacións? De onde as obtés e como? A quen pretendes perxudicar e por que? Na túa escuridade es moi transparente.

4 Kollontai luguesa, a loba

E que Balbino non contestas? Que andas a ler Mortadelo y Filemón? Creo que as actuacións deste señor ao longo do día de hoxe dan para pensar moito en que escuridade nos movemos pretendendo ver a luz. E certo que todos, os que pensamos, nos decatamos do que hai e de ata onde algúns chegarán... Pero creo que este señor/señora hoxe amosou moi claramente que ou ben hai límites que un bo profesional non debe traspasar ou ben... Hai cousas que dan moito que pensar. En calquera caso, decatádevos de con quen xogades algúns e algunhas e tede a valentía de dicir non. Por certo, Balbino non es bo no teu coma amosa que unha cidadá coma min se atreva a facerche fronte e a desvelarte. Mellora, meu...

5 Balbino Fernández

Que negocio, que obsesión e/ou que vida máis aburrida, herdeira da bandoleira Rosaria! Non se recomenda alimentar troleiras, así que limito o comentario. O dito.

6 Kollontai luguesa, a loba

Pregunto de novo, por que usas ese nome? Que datos manexas e a quen queres perxudicar? E creme, non vou preguntar só aquí. Aos lectores pídolles que reflexionen e se fagan as preguntas que eu me estou a facer. Por que usas ese nome? De onde obtes os datos e a quen queres perxudicar? Sei que son preguntas inquietantes, pero éche o que hai.