Multitudinaria manifestación na Coruña contra a "especulación" nos terreos do porto herculino

Xulio Ferreiro remarca que a intención do seu goberno é manter a "titularidade e xestión públicas" da fachada atlántica.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/05/2017 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

Preto de 4.000 persoas, segundo as estimacións da Policía Local, participaron este domingo nunha manifestación polas rúas da Coruña contra a "especulación" nos terreos do porto herculino convocada pola 'Comisión Aberta en Defensa do Común'.

Na marcha, que finalizou fronte á Autoridade Portuaria da Coruña, estivo presente o rexedor coruñés, Xulio Ferreiro, acompañado por varios membros do seu grupo de goberno, así como polos deputados de En Marea no Congreso --Antón Gómez-Reino e Miguel Anxo Fernán Vello-- e no Parlamento galego --Antón Sánchez e Luca Chao--. A manifestación tamén contou con representantes do BNG e o PSdeG.

"É un día importante para os e as coruñesas, para demostrar cal é a nosa postura sobre a incorporación dos terreos portuarios á cidade, que entendemos que debe basearse no interese da veciñanza, e por tanto asegurar tanto a titularidade como a xestión públicas deste terreo lonxe de tensións especulativas", indicou Ferreiro, segundo recolle un comunicado do Concello da Coruña.

Recuperación dos bens públicos

Así, Ferreiro destacou a importancia da manifestación deste domingo porque achega "ferramentas" ao goberno local á hora de afrontar as "negociacións" coas institucións para "garantir a titularidade e as xestións públicas da fachada atlántica" do porto.

"Se no seu momento non houbera unha forte contestación cidadá, os terreos da Solaina xa estarían vendidos a estas alturas", expresou, para logo engadir que "o ideal" sería conseguir "unha cesión gratuíta" deste espazo, aínda que matizou que existen "moitos máis factores e intereses" que "conflúen neste proceso" como os da propia Autoridade Portuaria.

"Queremos unha solución e fórmula global para todos os terreos que se vaian desafectando e entendemos que os primordial é manter a súa xestión e titularidade públicas", finalizou Xulio Ferreiro.

Manifestación na Coruña en contra da privatización dos terreos portuarios
Manifestación na Coruña en contra da privatización dos terreos portuarios | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Lidéraos Suyo

O mellor de todo foi ver a Suyo entre os manifestantes como se os mareantes non estivesen tamén traballando para conseguir o contrario.

2 Gamela

Noraboa a tódolos que participaron nesta reivindación do acceso ao mar! Lamentablemente en Vigo perdemos hai tempo esta batalla e todo están en mans PRIVADAS grazas ao alcalde sociolisto Caín Caballero... e por suposto coa connivencia da Autoridade Portuaria ao longo dos últimos 20 anos... e aínda quedan moitas privatiacións das que ninguén fala en Vigo (silencio cómplice)! Viva Coruña Libre de Especuladores!!! https://goo.gl/KxiZ2v

1 Troll bufón

O comentario de Miguelito Alvarez Buff Buffito Bufón vouno facer eu por adiantado. Foi un fracaso...bla,bla,bla...eran catro e un borracho que pasaba por ahi...bla,bla,bla...están subvencionados...bla,bla,bla...a constitución...bla,bla,bla...algo sobre os gais que non ven nin a conto...bla,bla,bla...o lobby de non sei que...bla,bla,bla...Biba Espuña e biba o fuet!!

1 Bufffff

LooooL E logo non eran tres vellos liberados cos netos e os cans? ¿Ou non se podía pasar lista dos que ves semore nas manufas? Vina no coche pasando por Primo de Rivera (D. Miguel), tiveronos parados dous minutos e vin moito aire, moito vello (salvo os de Anova), moito neto e moito can ¿Qué poboación ten lacoru e que % son 4 mil manolos e marujas con pálpitos aficionados ás manifas? Ahora en modo serio: hay un acuerdo firmado entre Ayuntamiento y Puerto, y una sentencia que obligó a modificar el PGOM, y que el Puerto hará valer. Los del Ayto. quieren agitar pero muy pocos se dejan agitar con manifestaciones callejeras. Agora lerchea en modo adolescente e oedantón, escoitándote, etc. Hala, abur ben hur

2 hahaha

talmente, eu dou fé que é assim o conto do Bufffff, como pon arriba. f0deume porque respostou antes ca eu