Temas: AP-9

Indignación contra Audasa por un corte e retencións na AP-9

Este luns hai un gran atasco na zona de Rande-O Morrazo. A empresa negouse a levantar a barreira durante horas malia as colas provocadas polo peche da saída da autopista no Milladoiro o venres pola noite.

Por Galicia Confidencial | | 08/05/2017 | Actualizada ás 09:47

Comparte esta noticia

Indignación entre moitos automobilistas polo trato que lles deu onte Audasa. A empresa cortou onte pola noite a saída da AP-9 de Santiago Sur no Milladoiro. 

Obras na AP-9 en Rande Obras na AP-9 en Rande
Obras na AP-9 en Rande Obras na AP-9 en Rande | Fonte: DGT

No lugar dela, tiveron que viaxar 24 quilómetros máis ate Padrón. O que nalgúns casos prolongou a viaxe até 48 quilómetros máis. 

Os condutores láianse de que non houbo información dabondo deste corte, previsto por mor das obras de ampliación. Ademais, ao chegar a Padrón había moitísima cola na pequena peaxe, os internautas falan de media hora, non preparada para tal afluencia de vehículos.

Malia as continuas queixas, Audasa non abriu a barreira. Só deu o seu brazo a torcer as 11:30, despois de que varios condutores presentaran reclamacións formais.

Un asunto que sen dúbida traerá cola, debido a polémica sobre a xestión da Autoestrada do Atlántico, cuxa transferencia reivindican, en diferente grao, as forzas políticas do país.

Por outra parte, varios condutores atrapados na AP-9 á altura de Rande están a informar de atascos duns 50 minutos sentido Vigo. A DGT indica que hai dous quilómetros cun carril pechado en sentido decreciente debido a obras, pois a ponte está a ampliarse.

Temas: AP-9
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta