En Marea denuncia a “regresión inaceptable” de galegofalantes

Denuncia o "auténtico asedio" do PP contra a cultura propia e alerta que a porcentaxe de falantes habituais en galego pasou, entre 2003 e 2013, do 44 ao 30 por cento. Freixanes pide a colaboración das institucións para defender o galego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2017 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

O grupo parlamentario de En Marea denunciou este luns a "regresión inaceptable" no número de galegofalantes e o "auténtico asedio" que o PP, desde a Xunta, está a levar a cabo en contra da cultura propia.

Roda de prensa de En Marea sobre o galego
Roda de prensa de En Marea sobre o galego | Fonte: Europa Press

En rolda de prensa en vésperas dunha sesión plenaria que En Marea tratará de converter en "monográfico" sobre a lingua e a cultura galegas, o seu portavoz, Luís Villares, puxo o foco na "realidade alarmante" que sofren ambas as cuestións.

Apuntou que a porcentaxe de falantes habituais en galego pasou, entre 2003 e 2013, do 44 ao 30 por cento; mentres no caso do castelán aumentou do 20 ao 25 por cento. "Imos na dirección contraria do percorrido que debería ter a lingua propia", observou.

En canto á situación da cultura, a deputada Ánxeles Cuña falou do "retroceso brutal" dos fondos que se lle consignan nos orzamentos, duns 90 millóns de euros. "Deixa unha paisaxe abatida e leva ao colapso", advertiu.

E é que, como dixo, a cultura "pode ser un motor económico e de integración social", e o acceso a ela por parte da cidadanía é "un dereito". Por todo iso, xulgou que é "moi grave" a escasa atención que recibe do Goberno galego.

Freixanes pide a colaboración das institucións

Por outra banda, o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, remarcou a necesidade de que "todas as institucións civís e públicas" de Galicia empuxen "nunha mesma dirección" nas cuestións relativas á lingua galega.

O recentemente elixido presidente da RAG mantivo este luns un encontro co presidente da Cámara galega, Miguel Santalices. Unha reunión que, segundo sinalou Freixanes aos medios ao termo da reunión, virou ao redor da "filosofía".

"Viñemos falar de filosofía, de se compartimos non compartimos as preocupacións básicas no galego e o seu futuro. É algo fundamental que todas as institucións civís e públicas, incluída a Academia, debemos empuxar nunha mesma dirección", manifestou Freixanes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

1 Kollontai luguesa, a loba

E para opoñerse con máis claridade a esta perda anunciaron algunha medida para que os seus miembros y miembras utilicen o galego de vez en cando máis alá do "me chamo"... Poden levar ao entrañable Balbino que comenta aquí a soporizalos... Agora que segundo semella este personaxe se converteu en martelo de herexes e perseguidor de bloqueiras-lobas. Acudan a el en busca de solucións... El é un semideus que nos castiga aos pobres mortais, especialmente aos que supón bloqueiros, coa súa cólera enfundada nun léxico barateiro e nunha seudo lóxica argumentativa de escolástico de terceira. Ou non, Escuro? Non es acaso ti un deses que sempre atopa acomodo "donde siempre" ou sexa onde haxa poder? Onde te acomodas agora?

1 M. Meixide

Kollona, insoportable taparrabos do Beneguai! A Marea de Podemos denuncia una regresión do galego, e a Kollona aproveita para atacar ao denunciante? Ou para resolver non se sabe ben que diatribas con dous mareados, Balbino e Escuro, cos que mantén a sus guerrilla particular? Xa se mira cal é a prioridade da Kollona taparrabos!

2 Amigos para siempre

A Kollontai Nefelibata só entra para morder nas Mareas e para colocar disimuladamente enlaces que, curiosamente, distribúe o BNG. Casualidade? Non, pura maquinación! Embuste dunha falsaria, que por riba di "non son do Bloque", para vender imparcialidade. Centos de comentários da Kollontai Nefelibata, vistes un só que defende unha soa actuación das Mareas? Nunca, erran sempre! Lestes un só que critique suavemente ao BNG ou ao PsoE? Xamais, son perfeitos! Non hai máis que ver: o servizo doméstico do BNG é tan doado de identificar! As ratas deixan pegadas!

3 Buffito

Aunque me separa un mundo de Kollontai y hace poco me puso de vuelta y media, aunque me sorpredió que en alguien que creía de extrema izquierda dijese como pienso yo que ella no estaba en posesión de la verdad, oye, no tenéis vergüenza. No es ya comportarse como un caballero antiguo y guardar ciertas consideraciones con una chica. Es que no tenéis la más mínima educación. Parecéis macarras salidos de taberna. Un poquito de compostura, que parecéis acostumbrados a tratar con lumis --mis respetos para estas por otros motivos-- pero es evidente que queda fatal y produce vergüenza ajena que os dirijáis a una chica como si fuese una ramera. No tenéis vergüenza.

4 nacionalisto sem fronteiras

Fáscio love Kollona!!! Guai Beneguai!!!

5 Ana

Pobre Kollona! Eu diria que o fascio Bufffito rise na cara da Kollona, e a Kollona como é curta pensa que está namorando. Triste destino o da Kollona, ser adulada polo fascio. Triste papel o do Bloque, ir de ganchete cos fascistas para evitar competidores no seu terreo. Onte namoriscou co Gamela (coñecido bífido), hoxe co fascio Bufffito, mañá co repelente supremacista Nostrus... Kollona está facendo p(a)ís!