O Goberno español quere impulsar as linguas cooficiais para garantir os dereitos lingüísticos

Reúne por primeira vez desde 2010 o Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado e anuncia que completará a "plena accesibilidade en linguas cooficiais" de todas as súas páxinas web.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/05/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Goberno español quere apostar pola promoción das linguas cooficiais do Estado tras varias denuncias chegadas desde Cataluña, Euskadi ou Galicia na que se criticaba duramente a imposibilidade de realizar trámites en galego, catalán ou vasco.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

Por iso, anunciou que quere "completar e conseguir a plena accesibilidade en linguas cooficiais" das páxinas web dos departamentos ministeriais e organismos públicos da Administración Xeral do Estado. Ademais, fixouse como obxectivo a elaboración e presentación o 1 de agosto do 5º Informe, que corresponde ao período 2014-2016, sobre cumprimento da Carta Europea de Linguas rexionais e/ou Minoritarias do Consello de Europa.

Así o suliñou o secretario de Estado para as Administracións Territoriais, Roberto Bermúdez de Castro, que este martes  presidiu a reunión do Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado, creado en 2007, co obxectivo de garantir os dereitos lingüisticos dos cidadáns na administración.

Elaboración dun informe

De feito, o Consello encargou á Oficina para as Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado que elabore un informe sobre o grao de cumprimento do uso das linguas cooficiais na Administración Xeral do Estado e os seus organismos adscritos ou vinculados, que será presentado na próxima reunión do Consello.

Este órgano coordina os distintos departamentos ministeriais en relación co uso das linguas oficiais das comunidades autónomas e o seu obxectivo é, segundo apunta o Goberno, conseguir "o mellor cumprimento das esixencias derivadas da existencia de diversas linguas oficiais e a atención, nesta materia, aos dereitos dos cidadáns".

Bermúdez de Castro expresou aos representantes dos departamentos ministeriais a vontade do Goberno de impulsar o funcionamento deste órgano, agora adscrito xunto á Oficina para as Linguas Oficiais á Secretaría de Estado para as Administracións Territoriais, que non se reunía desde 2010.

Por iso, o Goberno central insistiu que quere iniciar unha nova etapa de impulso ao Consello de Linguas Oficiais, para "mellorar e garantir" o exercicio dos dereitos lingüísticos dos cidadáns na súa relación coa Administración Xeral do Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

3 Montesío

A ver se é verdade e empezan a darnos igual servizo na nosa lingua que o que dan en castelán, e en moitas administracións españolas mesmo en inglés.

2 Carliños

Qué risa da el Partido Popular en su peloteo a los naZionatas. Habrá que suponer que lo harán para seguir robando ¿Para cuando habrá rotulación bilingüe en los edificios dependientes de la Xunta?¿Para cuando se podrá utilizar indistantemente el gallego o el castellano en las comunicaciones internas de universidades gallegas, ayuntamientos u otros departamentos públicos autonómicos sin la imposición artificial y dictatorial del gallego?

1 Bobiños

Tienes toda la razón. Para cuándo todo eso? Y además, Para cuándo se modificarán las más de 1000 disposiciones normativas de USO EXCLUSIVO DEL ESPAÑOL en rotulación de productos industriales y de consumo doméstico y se permita al menos la rotulación bilingüe? Para cuándo estará disponible tanto en gallego como en castellano la rotulación bilingüe de las dependencias de los organismos públicos en Galicia de la Administración Central (Guardia Civil, Ministerios, etc.)? Para cuando todo eso?

2 ¿Para_cándo?

¿Para cándo se lle esixirá ás empresas privadas de comunicación (antena3, telecinco, ser, cope...etc) o emprego do galego nunha porcentaxe igual que en castelán? ¿Ou é que cando teñen que traducir todo o que traen de fora (que ven sendo o que vende, e non a produción nacional intragable) dalles mais traballo en galego que en castelán? Sendo unha grande porcentaxe de tradutores de orixe galega vexoo difícil. Para cándo haberá cines con tradución en galego...adianto que se os houbese habería de ser un verdadeiro éxito, dado o nivel da tradución ao galego.

1 nostrus

Eu quixera destacar tamen onde estan os dereitos das personas que non entenden o galego e se atopan nun edificio da Xunta ou ante un cartel con rotulacion urbana, ¿é que solo teñen direitos os nacistas, que a pesar de comprender o español, dalles a gaña de esixilo en galego. As paxinas web, a rotulacion urbana e de edificios, en español polo menos e sin ningun perxuicio a que tamen estea en galego, non polo ben das linguas, sinon polo ben das personas.

1 Antinostrus

As persoas que "non entenden" o galego deberán dirixir-se á Asociación Galega de Lobotomizados, na busca de apoio loxístico...agás os Cipaiosmononeuroansimercenariosevendidosaomellorpostor, como ti, miserabel malandro cortelleiro: o teu e ir a cobrar (preferentemente en especias- cagalleta de Subsecretario inxerida enteiriña, sen masticar...e dicendo grazas coa cola -) á porta do Ministerio do Interior Españoloasoballador.

2 Kollontai luguesa

Dáme vergoña que a miña lingua sexa utilizada por xente coma ti, "Antinostrus". Non sei quen es, nin que escuros intereses persegues... Eu aquí xa vin de todo e sospeitei de case todo, pero dende logo o teu comentario é unha mostra de indixencia mental que me avergonza profundamente coma galego-falante. Pensar que podas existir e non ser un troll encamiñado a buscar polémicas provócame dor. E aos que te publican, que dicirlles: válevos todo? Semella que si. A miña solidaridade polo trato sufrido Nostrus, malia que non comparta as túas opinións. Aquí diverxer non é ben visto pola policía do pensamento e os trolls... O terrible é pensar que este individuo non é un troll provocador e pensa así. O terrible é constatar, coma a min xa me pasou a onde chegan os seus comisarios políticos disfrazados de posuídores de verdades e cheos da fatuidade dos "oligarcas de masas". http://www.lavanguardia.com/interna...

3 Ana

Claro, clarisimo Kollona, a ti gústache máis o uso que fai o teu namorado o fascio Bufffito, o bífido Gamela ou o neofranquista Nostrus. Es parte da podredume do sistema, do BNG sistémico, o teu é facer boicot contra os Mareados Podemitas (cos que pouco ou nada comparto), para iso aliaste co fascismo cavernario. Que o demo che conserve a orientación!!!

4 Kollontai luguesa

Non vou responder insultos e moito menos machistas e soeces. Sexas un troll polemista ou unha talibanciña aspirante a comisaria politica. Non entro en liortas de provocadores ou talibans. Que tenas boa tarde!

5 Kollontai luguesa

Por certo xa che mandaron o argumentario sobre Vestrynge. Creo que el sabe mais ca min do que comentas segundo dixo hai pouco.

6 Ana

Verstrynge, hai que aprender a copiar o nome, era aquel dirixente de Alianza Popular cando na Xunta o mesmo partido goberna, tendo de vicepresidente a Carlos Mella. O mesmo Carlos Mella de AP que encabeza candidatura do BNG para as europeas! O refugallo podre aproveitado por Podemos e polo Bloque! Ben que me sabe!

7 nostrus

Ana, a tua escravitude hacia unha lingua xa hai tempo que a tes amosado e a min paréceme ben si é teu gusto, pero dende logo opóñome a que esa sumision lla esixas aos demais. Do mesmo xeito que para ser boa persona non é preciso amar a Deus, para ser bon galego non é preciso falar galego. Paréceme tan ridículo fanatizarse por unha lingua como fanatizarse por unha moeda, ¿imaxinas que non nos houberamos pasado ao euro por sentirnos atados a peseta?, ¿imaxinas estar namorada do morse ou o braille?. As linguas son instrumentos creados polos seres humanos para seu servicio, e si alguen quere rezarlle esta no seu direito, pero non pode esixirlle aos demais que tamen lle recen.

8 Ana

Aquí e agora, aos galegos do século XXI, o único que se obriga, esixe e impón é o castelán. Aplícate a ti mesmo o conto, deixa de ser un imperialista fracasado. Non hai liberdade sen igualdade de dereitos! O teu adorado castelán non debe ter máis dereitos que o meu e teu galego (por moito que te avergoñe e o despreces). O día que o entendas serás máis humano, até daquela es un supremacista (a orixe do fascismo). E se prefires seguir coas xerarquías entre idiomas, facendo categorías, despois das veces que cho explicamos neste foro, o teu problema ideolóxico igual non ten cura. Consolo si, sempre pode apoiarte unha falsaria bloqueada obsesionada cos mareados podemitas.

9 nostrus

Ana, ti a min chámasme feixista e eu creo que a feixista eres ti, porque eu defendo a liberdade lingüistica e ti defendes a imposicion innecesaria. É absurdo aplicarlle as linguas conceptos que só son para os humanos; as linguas non sufren nin padecen e importalles un bledo que as usemos ou non. Tampouco entendo a vosa obsesion por influir na cantidade de galegofalantes e castelanfalantes, ¿acaso hai que equilibrar a cantidae de siareiros do Barça e do Dépor?, ¿hai que equilibrar a cantidade de homosexuais e heterosexuais?, ¿ten que haber igual cantidade de cristianos que de ateos?. Sodes unhos fanáticos que pretendedes que os demais tamen o seamos. Eu para nada odio o galego, de feito é a lingua que falo coa miña familia e os meus amigos, pero non teño porque comulgar cas tonterias nacinalistas, nin teño porque crer que galego e castelán son igual de útiles, pero deixo que vos o creades.