A lingua galega gaña territorio nas bolsas da compra

Ademais de Gadis, Vegalsa Eroski lanza bolsas especias conmemorando o Día das Letras co rostro do escritor protagonista, Carlos Casares.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/05/2017 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa Eroski informa que conmemora esta data sinalada cunha tirada especial de 2.500.000 bolsas que están a disposición dos seus clientes nos supermercados das enseñas Eroski/Center, Autoservicios Familia e Hipermercados Eroski.

Pegada simbólica de carteis de Carlos Casares por parte Vegalsa Eroski
Pegada simbólica de carteis de Carlos Casares por parte Vegalsa Eroski

Ademais, di que levou a cabo tamén unha tirada de máis de 500 carteis conmemorativos para difundir a figura e obra do escritor ourensán Carlos Casares  nas 228 tendas de toda a súa rede comercial en Galicia.

A compañía quixo formalizar o seu compromiso coas Letras Galegas, organizando un acto conmemorativo no seu Hipermercado Eroski de Noia (A Coruña) a través dunha pegada simbólica de carteis naque participaron a directora de Relacións Institucionais e RSC da compañía, Gabriela González, e o director da liña de Negocio Eroski/Centere Hipermercados Eroski, Florentino Vázquez, acompañados polo secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, polo alcalde da localidade, José Santiago Freire, así como polo administrador da Fundación Carlos Casares e fillo do homenaxeado, Håkan Casares Berg, o membro numerario da Real Academia Galega,Xesús Ferro Ruibal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 teutonio

Seguimos co galegobait?