Temas: FERROL

Alieníxenas, naves e robots tomarán as rúas de Ferrol este sábado

A cidade celebra a primeira Feira de Tecnoloxía, ou Invasión Day, que impulsan os comerciantes e hostaleiros da zona centro co apoio do concello.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 11/05/2017 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

Ferrol celebra este sábado a I Feira da Tecnoloxía de Ferrol, e que os seus promotores deron en chamar o Invasion Day. Trátase dun evento único e innovador que dará desta cidade todo un referente galego cun proxecto de novas tecnoloxías e robótica aplicado a educación.

Cartas da I Feira da Tecnoloxía de Ferrol
Cartas da I Feira da Tecnoloxía de Ferrol

Este evento vaise estirar ao longo deste sábado cunha unha serie de carpas espalladas polo centro que, a modo de naves extraterrestres, simularán unha invasión alieníxena. Estes extraterrestres, irán polas rúas da cidade en busca de novos adeptos para levar ás súas naves e compartir con todos os veciños os avances tecnolóxicos.

En cada nave expoñeranse diferentes ferramentas tecnolóxicas como Impresión 3D, Minecraft, Robótica, Programación de Videoxogos 3D e dispoñerase dun espazo no que os presentes poderán gozar das creacións dalgúns mozos inventores da comarca, carreiras de drons ou coñecer de primeira man a algúns destes invasores alieníxenas.

A feira, coorganizada pola ACC Ferrol A Madalena, a Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas, coa colaboración de Espazo Vivo e Trainnova e o apoio do Concello de Ferrol, foi presentado este mércores polo concelleiro de Promoción Económica, Álvaro Montes, e a xerente da asociación de empresarios de hostalería, Luisa Barro. O concelleiro destacou que é unha iniciativa “novedosa e pioneira” da que se agarda, dixo, que “chame moito a atención co obxectivo de encher Ferrol e dinamizar a hostalería e o pequeno comercio local, e mesmo a mostra dos traballos de novos inventores da comarca”.

Temas: FERROL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Ismael AM

La feria de la tecnología esta muy bien, yo soy de pontevedra y me moví hasta allá para ir... La verdad yo antes que el minecraft prefiero los nuevos battleroyale con crafteos y demás como Fortnite y Creative Destruction ( el antiguo Fortcraft)

2 Roberto Jiménez

Estas ferias son increíbles, el año pasado tuve la oportunidad de asistir a una y me lo pasé genial, todo lo que sea videojuegos, robótica o 3D me encanta...¡¿Y qué decir de Minecraft?! Me paso horas y horas jugando a ese game. Ahora estoy por ir a un gran evento de Minecraft, a ver si todo sale bien. De momento me conformo jugando a http://www.juegodeminecraft.net/descargar-minecraft-para-pc/ . Gracias por información de este tipo. ¡Saludos!

1 friquiño

Extremadísimamente excelente esta boísima iniciativa. Se podo irei. O problema é que son moitas cousas interesantes para un día.