Alertan que a Xunta pretende “asfaltar” parte da Rede Natura na Lanzada

O partido político EQUO denuncia a “intención da Xunta de Galicia de asfaltar Rede Natura nas obras da PO-308 e valora” a interposición de accións xudiciais contra este “despropósito ambiental”.

Por Galicia Confidencial | Portonovo | 11/05/2017 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

EQUO apoia á  Plataforma Veciñal de Sanxenxo en defensa do espazo natural onde pretenden executar as obras. Existe outra plataforma, a  “Plataforma Proyecto PO-308. Portonovo-A Lanzada”, a favor do proxecto.

Gañador da primeira edición do concurso de fotografía A Túa Paisaxe do Verán, que recaeu na imaxe titulada Anoitecer na praia da Lanzada e cuxo autor é Luís Dobarro.
Gañador da primeira edición do concurso de fotografía A Túa Paisaxe do Verán, que recaeu na imaxe titulada Anoitecer na praia da Lanzada e cuxo autor é Luís Dobarro.

Dende a Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia, consideran lexítimo o proxecto para recuperar unha zona da praia da Lanzada pertencente á Rede Natura. 

EQUO di que está pendente de recibir, dende a súa oficina en Europa, o estudo de impacto ambiental. Segundo a Lei, para este tipo de obras situadas en espazos naturais protexidos, a administración debe xustificar as mesmas no interese xeral. En opinión dos ecoloxistas, “os motivos de seguridade aos que fai referencia a administración non son argumentos válidos”.  Eles cren que se a estrada se desviara da zona de Rede Natura, paralela á zona de protección, si se podería mellorar a seguridade, xa que a zona, tal e como aconteceu este inverno, está continuamente azoutada polo vento, area e outros condicionantes que poñen en perigo ao tráfico rodado e peonil. 

Este inverno a pasarela de madeira saíu voando e caeu na estrada, sen provocar danos porque nese momento non transitaba ninguén polas dúas infraestruturas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 BeneB

Estas novas non se deben perder no esquecemento, son testemuña das accións ignorantes e inxustificadas de xestores incapaces, perxudicando o patrimonio común. O tempo o dirá. Eu engado da miña parte, no ano 2017 pensar en asfaltar o que sexa, é síntoma de ignorancia.

1 Nestor EQUO

A platafoma que dende EQUO apoiamos, é a Plataforma Veciñal de Sanxenxo non a plataforma proxecto PO-308 que eles si están de acordo en asfaltar a Rede Natura