Temas: REGANOSA

O PPdeG plaxia unha noticia dun xornal dixital para facer unha iniciativa parlamentaria

El Español denuncia que os populares copiaron literalmente 4 parágrafos dunha información do 2016.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 11/05/2017 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

O PPdeG plaxiou parte dunha noticia do xornal dixital El Español para realizar unha iniciativa parlamentaria. Este grupo rexistrou, o pasado 7 de abril, unha proposta para instar á Xunta a "planificar actuacións que favorezan o impulso do HUB de gas natural licuado (GNL)" na planta de Reganosa e, parte da argumentación desa iniciativa, estaba literalmente copiada dun artigo do xornal dixital.

Planta de Reganosa en Mugardos
Planta de Reganosa en Mugardos | Fonte: www.gnlglobal.com

Este medio publicou o 30 de xuño de 2016 unha noticia co título "Gas natural licuado: o futuro do transporte marítimo sustentable" e o PPdeG utilizou “a mesma redacción, as mesmas palabras... e catro parágrafos da nosa publicación”.

Foi a deputada de BNG Noa Presas a que descubriu a coincidencia entre a redacción da iniciativa popular e o artigo del Español. Segundo relata o xornal, a deputada nacionalista decidiu buscar información sobre o tema para abordar o Pleno e chegou ata esta publicación. Por iso sorprendeuse cando xa na sede parlamentaria galega escoitou, por parte do portavoz popular, Miguel Tellado, unhas palabras  “que lle soaban". 

“Esta actitude é eticamente cuestionable e "escandalosa porque o PP ten unha política moi agresiva en Galicia contra a oposición, á que acusa continuamente de falta de rigor e de non documentarse en moitas das iniciativas que presentan”, denuncia. 

Temas: REGANOSA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 O. Bejarano

Seguro que foi o doberman Tellado