Temas: RíOS

O Goberno creará un observatorio dos ríos de Galicia para tentar protexelos

Entre as súas funcións estarán as de realizar informes de diagnose e propor medidas de actuación.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 11/05/2017 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A Xunta porá en marcha un observatoro dos ríos de Galicia para tentar avaliar o estado e a situación na que se atopan os 427 ríos do país e propoñer medidas de actuación para protexelos, poñelos en valor ou mellorar a súa situación ou eficiencia.

Río Sar ao seu paso por Padrón
Río Sar ao seu paso por Padrón | Fonte: plancoruna.blogspot.com

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foi encargado de anunciar a creación deste novo órgano que terá, como principais obxectivos, realizar informes de diagnose e propor medidas de actuación. “Será a primeira CCAA en facelo”, dixo.

Entre os obxectivos deste observatorio estarán os de facer plans directores de cada río, crear decálogos de boas prácticas, impulsar foros de encontro e avaliar as medidas de protección adecuadas. Este observatorio estará integrado por representantes de cinco consellerías, de tres concas hidrográficas, das tres universidades galegas, ecoloxistas, Fegamp e da Federación galega de Pesca. 

Temas: RíOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta