O PP asegura que as "sombras da sospeita" sobre Carmela Silva "están a manchar" á Deputación de Pontevedra

O PSOE tacha de "inxurias e gravísimas calumnias" as acusacións "sen fundamento e baseadas en bastas mentiras" de Muñoz

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2017 | Actualizada ás 18:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A deputada provincial do Partido Popular Elena Muñoz anunciou este xoves que o seu grupo presentará unha moción para o seu debate no pleno da Deputación na que esixirán "explicacións" á presidenta, Carmela Silva, sobre as investigacións xudiciais que afectan a funcionarios e políticos do Concello de Vigo, especialmente polo suposto enchufe da súa cuñada. Así, considerou que as "sombras da sospeita" sobre a presidenta provincial "están a manchar" á institución.

Elena Muñoz asegurou que as "sombras da sospeita" que provocan estes procesos xudiciais "están a manchar" o nome da deputación pontevedresa, polo que esixiu a Silva que "sexa valente" e que "non se esconda máis".

Nunha rolda de prensa celebrada na sede provincial do PP, a tamén portavoz dos populares vigueses indicou que a xustiza investiga "delitos gravísimos" como prevaricación, malversación e falsidade en documento mercantil no caso do suposto enchufe á cuñada de Carmela Silva.

Ademais mostrou a súa "sorpresa" porque, a pesar destas investigacións comezaron "hai meses", a presidenta da Deputación e tenente de alcalde no Concello olívico "non deu as explicacións que merecen todos os pontevedreses" e limitouse, segundo dixo, a "ameazas e insultos" contra os dirixentes do PP.

Elena Muñoz tamén citou a recente imputación de dous edís do PSOE por prevaricación administrativa, nomeamentos ilegais e malversación de caudais públicos por conceder un plus ao mesmo funcionario que está investigado polo caso anterior, condutas que "deben ser explicadas", xa que todas elas "apuntan directamente a Silva", afirmou a deputada do PP.

Na moción, os populares tamén se dirixirán ao BNG, socios de goberno do Partido Socialista na institución provincial, para que expliquen o seu "silencio absoluto e sorprendente" sobre esta cuestión, xa que sinalou que os nacionalistas "gobernan con deputados que están imputados".

"INXURIAS E GRAVÍSIMAS CALUMNIAS"

Pola súa banda, o portavoz do Grupo provincial do PSOE na Deputación de Pontevedra, Carlos Font, cualificou de "inxurias e gravísimas calumnias" as acusacións "sen fundamento e baseadas en bastas mentiras" que a deputada do Partido Popular, Elena Muñoz, fixo á presidenta provincial, Carmela Silva.

Font acusou a Muñoz de "mentir sen ningún rubor para seguir as ordes de Alfonso Rueda e Núñez Feijóo, que son os verdadeiros muñidores desta estratexia de insultos que só buscan escurecer a xestión de Silva á fronte da institución". "E non o van a conseguir", engadiu o deputado.

"Eles están a gusto nos vertedoiros de lodo, pero non nos van a atopar no medio do seu lixo. Non imos contribuír ao continuo desprestixio da política no que está inmerso o Partido Popular", concluíu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta