Portugal pecha as súas fronteiras farta de tantos españois

Portugal está farta dos españois, así de frío se mostrou o primeiro ministro luso na rolda de prensa na que explicou de xeito pormenorizado como o país irmán pechará os seus pasos fronteirizos a todas as persoas españolas durante esta semana.

Por GcToday | | 15/05/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O goberno portugués coa axuda da Garda Nacional Republicana(GNR) pechará todos e cada un dos pasos. De feito, só dous puntos permitirán a entrada e saída de transeúntes, reservados ambolos dous a casos aillados. Este é o caso do paso fronteirizo na Ponte Internacional de Tui-Valença e na fronteira entre Verín e Chaves. Máis como informaron dende fontes oficiais estes dous puntos manteránse baixo control rigoroso, existindo un control absoluto dos movementos das persoas.

Control na fronteira de Portugal
Control na fronteira de Portugal | Fonte: temposgalegos.net

A pesares desta exclusión de paso, o goberno de Portugal establece varias directrices para os casos aillados nos que a GNR permitira o cruce:

Estar empadroado en Vigo. Será necesario xustificar o padrón municipal cun documento especial asinado polo emperador Abel Caballero, ou de non telo amosando o libro de familia que acredite a procedencia.

Paso por causa de forza maior. Se unha persoa acredita ter que mercar toallas de necesidade a GNR estará na obriga de permitir o paso.

Galegos e galegas que vivan na raia. Terán que convidar a GNR a un chupito de herbas feito na casa.

O resto de persoas que non cumpla. Os mencionados requerimentos non poderán acceder ao país luso.

A medida, que se encadra dentro da campaña por un Portugal con Dignidade, impulsada polo PCP e o Bloco de Esquerda, pretende poñer en alza a nación portuguesa fronte a aqueles que non fan máis que pretender desprestixiala e logo esquilmar as súas toallas e roupas de cama.

Polo de agora a medida, en fase piloto, so será levada á práctica durante esta semana, pero non se descarta que pasada esta se amplíe no tempo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Arturo

Efectivamente, os lusistas están desesperados co peche da frontera: non poden ir a practicar alén do Miño. Unha desgracia.

1 Taberneiro de Cuna

¿O redactor doulle ó tintorro antes de redactar ou qué?