CCOO denuncia o Concello de Melide perante a Inspección de Traballo

Considera que a falta de negociación colectiva é unha vulneración do Estatuto básico do empregado público.

Por Galicia Confidencial | Melide | 12/05/2017 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

A Federación de Servizos á Cidadanía de Comisións Obreiras denunciou esta mesma semana o Concello de Melide perante a Inspección de Traballo. O sindicato fundamenta esta acción na "absoluta falta de vontade negociadora" por parte do PP, que conforma o grupo de goberno. Concretamente, CCOO considera incumprida a Lei 7/2007 do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público (EBEP), nos artigos referentes á negociación colectiva.

Concello de Melide
Concello de Melide | Fonte: BNG

Os feitos remóntanse ao 2014, cando CCOO presentou ante o Consello Galego de Relacións Laborais un expediente de mediación no que solicitaba a apertura da mesa xeral de negociación do convenio colectivo e do acordo regulador. A mesa abriuse o 27 de novembro dese ano, pero "nunca máis se soubo da cuestión", lamenta o sindicato nun comunicado.

CCOO reiterou nos anos seguintes a esixencia do persoal municipal á negociación colectiva, un "dereito básico" que, porén, "o PP evitou constantemente". "Precisamente, esta dilación e as evasivas do equipo de goberno constitúen, para Comisións, unha intención de non cumprir o que marca o EBEP". Por último, o sindicato comarcal da FSC-CCOO en Santiago-Barbanza insta o Concello a negociar "de verdade, de boa fe e sen máis escusas".

Tags: CCOO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Argonauta

Non sabia eu que o Alcalde de Melide era Travesti (según o Ramiro de Yoli)...por certo, que vergoña de pu tas bandeiras (agás a galega...que é honrada) a entristecer a fachada do Concello...a única que lle botou sentido común foi a grandisma alcaldesa Soqui Cea e os veciños apalurdados de Melide agradecéron-llo cunha patada (eleitoral) no Q......o que nos merecemos temos.......

1 RAMIRO DE YOLI

Pois que CCOO denuncie tamén ó Alcalde de Ferrol,, ex-liberado sindical de CCOO, que fai exactamente o mesmo que o de Melide