Temas: AP-9

O Goberno descarta unha vez máis traspasar a titularidade da AP-9 ao Executivo galego

O Executivo liderado por Rajoy reitera que se trata dunha autoestrada "de interese xeral do Estado" e a apunta a unha "vía de colaboración".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/05/2017 | Actualizada ás 15:19

Comparte esta noticia

O Goberno reiterou que a AP-9 , que comunica a cidade galegas de Ferrol e Tui, é unha autoestrada "de interese xeral do Estado" polo que afirmou que o Estado manterá a titularidade da vía, a pesar da petición do Parlamento galego para que traspasase a titularidade ás institucións autonómicas.

Atasco na AP-9
Atasco na AP-9 | Fonte: Europa Press

Así o expresou o ministro de Fomento, Iñigo de la Serna, quen, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, descartou ese traspaso e apuntou a que o Executivo está "aberto" a crear un grupo de traballo para compartir co Goberno galego as decisións relativas á autoestrada.

A pesar de sinalar unha "vía de diálogo e de colaboración" entre o Goberno central e o autonómico, o ministro defendeu que a titularidade "ten que estar onde está" na actualidade.

Temas: AP-9
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta