Temas: INFANCIA

Vantaxes e medios para dormir canda os bebés

Analizamos os principais puntos do coleito, un dos pasos imprescindíbeis para realizar unha crianza con apego.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/05/2017 | Actualizada ás 08:39

Comparte esta noticia

A Asociación Rede Cría, recén constituída en Vigo, é unha das que nos últimos anos está a defender a crianza con apego. Un dos puntos claves neste novo xeito de atender aos bebés é o coleito. É dicir, permitir que os máis cativos durman canda os seus proxenitores. 

Bebé, recentemente nado
Bebé, recentemente nado

Os fabricantes de móbeis, para facilitarlle a vida aos pais, cada vez deseñan máis berces cuxos modelos están adaptados ao coleito. Os prezos non escapan do normal neste tipo de bens móbeis. Por exemplo, en Regalar Hogar, un dos portais para o fogar cunha oferta máis diversa, hai modelos dende uns 170 euros. Uns prezos que son moi similares aos dos berces tradicionais, coa avantaxa que permite o contacto directo co rapaz. Incluso hai berces de coleito para a viaxe, portátiles, a un prezo aínda máis asequible.

Que avantaxas proporcional o coleito? A principal é que o cativo durme máis tranquilo, aínda que pode que os pais, sobre todo ao principio e sen son primeirizos, non o fagan. 

A curto prazo pode que nos custe un par de noites de insomnio, pero a longo prazo sen dúbida aforraremos espertarnos moitas noites para atender a unha criatura desconsolada. Sobre todo para as nais que apostan -como recomenda a Organización Mundial da Saúde e o SERGAS até o 6 meses en exclusividade- por dar o peito. Non é mesmo ter que xirarse só que ter que ir a outra habitación para alimentar o cativo e despois volver a cama para tentar conciliar, se se pode, o sono. 

O coleito tamén ten beneficios para a sáude física, non só para o desenvolvemento emocional. Os cativos regulan mellor a temperatura -unha das súas eivas fisiolóxicas ao nacer é que son moi sensíbeis aos golpes de calor- o que facilita un mellor desenvolvmento do sistema inmunitario e da produción de encimas. 

Temas: INFANCIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta