Máis de 400 participantes no IV Torneo “Cidade do Futsal” en Compostela

Éxito da nova edición, con máis de 2.000 asistentes nas bancadas. A forte choiva da fin de semana obrigou a trasladalo da Praza da Quintana ó Pavillón de Santa Isabel Santiago.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/05/2017 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

Novo éxito de participación e asistencia de público no IV torneo de fútbol sala de base “Cidade do Futsal” que, logo de dous días, baixou o telón no compostelán Pavillón de Santa Isabel.

IV torneo de fútbol sala de base “Cidade do Futsal”.
IV torneo de fútbol sala de base “Cidade do Futsal”.

Un total de 420 rapaces e rapazas de máis de medio cento de equipos das categorías prebenxamín, benxamín e alevín, e máis de 2.000 persoas, país e afeccionados, gozaron de dous días de deporte nos que reinaron a alegría e a diversión.

As intensas choivas caídas o sábado na capital galega impediron que os equipos inscritos xogaran os seus partidos nas pistas instaladas na monumental Praza da Quintana, lugar previsto inicialmente polos organizadores e colaboradores: o club Santiago Futsal, o Concello de Santiago de Compostela e Viaqua.

A entrega de premios, correu a cargo de, Noa Morales, concelleira responsable de deportes, Ramón García, presidente do Santiago Futsal, e Julio Masid, director de Viaqua.

Máis aló das vicisitudes climatolóxicas e as súas consecuencias, o torneo volveu destacar pola súa clara aposta por promover o deporte e o fútbol sala de base, e polo fomento do respecto dentro da competición e a deportividade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta