O pobo de Xinzo consegue paralizar a corta dos plátanos centenarios

A plataforma Amigas e Amigos das Árbores da Limia pide que os plátanos de sombra se inclúan no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta.

Por Galicia Confidencial | Xinzo | 15/05/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Os plátanos centenarios dunha das principais avenidas de Xinzo de Limia, a de Celanova, seguirán no seu lugar. Finalmente, a presión de veciños e da plataforma Amigas e Amigos das Árbores da Limia conseguiron reformular o proxecto de acondicionamento este vial mantendo as árbores e desviando o tráfico pesado a través dunha circunvalación. 

árbores centenarias da Avenida de Celanova, en Xinzo, que Xunta e Concello queren cortar
árbores centenarias da Avenida de Celanova, en Xinzo, que Xunta e Concello queren cortar | Fonte: @maltratopaisaxe

“Estamos moi satisfeitos co traballo realizado para concienciar e mobilizar aos limiaos e limiás contra a desfeita que ían acometer”, apuntou a plataforma nun comunicado. “Acabamos de conseguir unha rúa arborada para a cidadanía e non unha estrada para o tráfico, principalmente de grande tonelaxe, como pretendían”, agregou. 

Precisamente, esta entidade agradece o apoio veciñal e a todas aquelas persoas, colectivos e organizacións que sumaron esforzos na defensa das árbores e pola modificación do proxecto. Ademais, anunciou a creación dunha comisión de seguimento para que as obras de mellora da Avenida de Celanova, a reorganización do tráfico en Xinzo e a protección das árbores “sexan canto antes unha realidade”. 

E, solicita, tamén, unha figura de protección para as árbores. Por iso, pide que os plátanos de sombra se inclúan no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia como conxunto arbóreo singular. “Así se ten feito con árbores da mesma familia ou especie doutros treitos do Camiño de Santiago nas provincias da Coruña e Lugo”, lembra. Finalmente, anuncia a creación dun catálogo no que se inclúan todas as especies de Xinzo para facerlle un seguimento e mellorar a súa preservación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 alcalde ben! xunta mal

Din que o que fixo cambiar a cousa foi un.ha carta de ADEGA mandada o alcalde-presidente do concello de xinzo de limia... foi o alcalde do pp quen foi correndo a xunta a decirlles que tiña a todolos vecinos en contra do proxecto arboricida...

1 Arturo

Excelente noticia. Os plátanos son a árbore típica das ciudades ,aturan moi ben a contaminación, e cando non se podan acadan alturas espectaculares. Sería una salvaxada talar eses exemplares. Fai falta mais conciencia a prol das árbores.