Temas: MúSICA

Ara Malikian trae a Galicia "A increíble historia de Violín"

As entradas xa están a la venta en Ataquilla.com. O concerto terá lugar no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo.

Por GC Tendencias | Vigo | 15/05/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O violinista Ara Malikian chega a Vigo o vindeiro mes de outubro con  A increíble historia de Violín, título que dá nome á súa nova xira e ao seu último disco publicado a finais do 2016. O concerto será o venres 20 de outubro, a partir das 21.00 h, no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo. As entradas xa se poden adquirir a través da páxina web Ataquilla.com dende 28 euros,

Ara Malikian
Ara Malikian

A INCREÍBLE HISTORIA DE VIOLÍN

O violín é o protagonista do novo repertorio recollido no disco  La increíble historia de Violín de Ara Malikian. Un violín que naceu en Módena e viaxou ata o Líbano para atoparse cun pequeno Ara de tres anos, ao que o seu pai, tamén violinista, ensinou a tocar, e do que xa non se separaría. Xuntos descubrirán a Paganini e xuntos viaxarán ao longo dos anos por todos os xéneros musicais que iban aprendendo aló onde paraban. Viaxar, oír, fusionar... así ata chegar ao rock e á música pop. 

ARA MALIKIAN

Nado en Líbano no seo dunha familia armenia, Ara Malikian deu o seu primeiro concerto con 12 anos e é hoxe un dos máis brillantes e expresivos violinistas da súa xeración. Cun estilo propio forxado a partir das súas orixes, ás que incorporou ricas vivencias musicais (as culturas árabe e xudía, a xitana e a Kletmer, o flamenco, o tango…), converteuse nun dos artistas máis orixinais e innovadores do panorama musical. 

Galardoado cos premios máis prestixiosos a nivel mundial, realiza máis de 450 funcións ao ano, foi convidado como solista en máis de 40 países y fixo xiras con músicos de gran renome. Ten máis de 40 discos gravados, elaborou a BSO de varias películas, tocou nas principais orquestras de España e creou tamén a súa propia, La orquesta en el tejado, no Teatro Español de Madrid.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta