Temas: MúSICA

Luis Emilio Batallán actuará canda Os amigos dos Músicos

O cantautor actuará canda a premiada banda indie, que versiounou "O Maio", nun concerto en Santiago.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 15/05/2017 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Os Amigos dos Músicos recibiron este mes o Premio Martín Códax da música galega a mellor grupo de Pop/Indie. Os premios, organizados pola asociación Músicos ao Vivo e celebrados no Pazo da Cultura de Pontevedra, recoñecen o traballo da banda no último ano, no que publicaron o seu primeiro disco e levaron a súa música por dentro e fóra do país.

Os Amigos dos Músicos
Os Amigos dos Músicos

O grupo continúa presentando o seu primeiro disco polos palcos do país. Despois de levar as súas cancións a Asturias, Euskadi, Valencia ou Madrid, Os Amigos retoman a xira galega que xa os levou a Ourense, Compostela e Lugo, para agora visitar Carballo, A Coruña e Pontevedra, entre outros lugares. No verán estarán nalgúns dos máis importantes festivais galegos, como o Atlantic Fest, na Illa de Arousa, o Festival de la Luz, en Boimorto, ou o Surfing the Lérez, en Pontevedra.

Será moi especial o concerto no Teatro Principal de Santiago de Compostela, dentro do ciclo Cultura Conversa, no que compartirán escenario con Luis Emilio Batallán, un dos grandes cantautores da música galega e autor da canción Ahí vén o maio, da que O Amigos incluíron unha versión no seu disco.

Os Amigos dos Músicos, versión vinilo do debut homónimo en Gran Derby
Os Amigos dos Músicos, versión vinilo do debut homónimo en Gran Derby
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta