Temas: AVES A CORUñA

Unha obra na Coruña ameaza unha das poucas colonias galegas de cirrio, ave protexida

Xunta e Concello buscan solucións logo de que o Grupo Naturalista Hábitat, a Sociedade Galega de Ornitoloxía e a Sociedade Española de Ornitoloxía presentasen un informe expoñendo a afección das obras de rehabilitación do edificio situado no número 2 da rúa Nova nos niños destas aves.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 15/05/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

No centro da Coruña, xusto fronte o Obelisco, na rúa Nova, no número 2, as obras de rehabilitación da fachada dun edificio están impedindo o acceso aos seus niños de varias parellas cirrios, unha ave protexida por lei, que prohíbe expresamente “a destrucción ou deterioro dos seus niños ou do seu hábitat”.

Fachada do edificio na Coruña no que se refuxia a colonia de cirrios, ave protexida por lei
Fachada do edificio na Coruña no que se refuxia a colonia de cirrios, ave protexida por lei | Fonte: SEO BirdLife.

En concreto, a colonia está composta por parellas de cirrios común e pálido (Apus apus e Apus pallidus) nidificantes na fachada do inmoble, e que se atopan en pleno período reprodutor. Trátase dunha das colonias de cirrios más importantes da Coruña.

As entidades Grupo Naturalista Hábitat, Sociedade Galega de Ornitoloxía e Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife) asinaron recentemente un informe expoñendo a afección das obras de rehabilitación do edificio sobre a colonia de cirrios común e pálido (Apus apus e Apus pallidus). Así mesmo, manifestan a súa dispoñibilidade para colaborar en todas aquelas accións que fosen precisas, co obxectivo de permitir a conservación desta colonia emblemática na cidade, cuxas especies, inciden, se atopan protexidas por lei. As dúas especies están incluídas no Listado de Especies en Réxime de Protección Especial

"Con interese, coñecementos e esforzos, compatibilizar a conservación do patrimonio natural e do arquitectónico é posible", din estas entidades, cuxos expertos comprobaron in situ que a instalación no edificio dunha rede que cobre parcialmente os andamios impide a entrada dos cirrios aos ocos de cría.

As entidades salientan que este edificio en rehabilitación alberga "unha das poucas colonias galegas de cirrio pálido (Apus pallidus), sendo a máis emblemática da cidade da Coruña, cuxos exemplares, xunto cos de cirrio común, aproveitan os espazos existentes entre as fiestras e a propia fachada para instalar os seus niños, sendo unha colonia que precisaría dos esforzos necesarios para a súa conservación".

Cirrios afectados por unha obra na fachada dun edificio da Coruña
Cirrios afectados por unha obra na fachada dun edificio da Coruña | Fonte: SEO BirdLife

Os expertos tamén lembran que "as obras de restauración dos edificios, así como a falta de lugares axeitados para a súa nidificación en construcións modernas constan entre os principais factores de ameaza para estas especies".

Os perigos para estas aves son evidentes, xa que "a presenza do andamio e redes —xa instaladas— e dos operarios nos seus labores ao longo do día, están xa afectando negativamente a colonia, ao evitar que os proxenitores podan acceder aos niños. Ademais, existe risco de colisión dos adultos coa rede, onde poden ficar atrapados", explican.

CONCELLO E XUNTA

Por todo isto, piden á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta e aos servizos Urbanismo e Medio Ambiente do Concello da Coruña a retirada urxente das redes instaladas para garantir o acceso aos espazos de nidificación; paralizar as unidades de obra que interfiren na reprodución dos cirrios ata o fin do período de cría, considerándose como data axeitada o 15 de agosto; non tapiar os espazos de nidificación na rehabilitación que se está a desenvolver ou procurar unha medida paliativa, como a instalación de caixas refuxio na fachada, que permita a nidificación nos vindeiros anos, e ter en conta a situación acontecida para futuras accións urbanísticas.

A Consellería de Medio Ambiente mostrouse partidaria de paralizar a obra até que remate o periodo de cría, pero dende a Xunta din que esa decisión corresponde ao Concello. Pero dende este aseguran que aínda que para isto necesitan primeiro un informe técnico da Xunta que ampare a decisión.

Temas: AVES A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Carmen

O respeto ós animáis e a arquitectura son compatibles, estas aves son moi beneficiosas xa que se alimentan de mosquitos moscas e outros insectos ademáis está protexida por lei e a lei hai que respetala. En Lugo cando se restaurou a Muralla respetouse a estas aves e os buratos dos nidos. Salvemos a estas aves!!!

4 Rurik

Pobres animales, el ser humano es destructivo por naturaleza espero que se solucione pronto queremos ciudades verdes y con biodiversidad

3 Buffito

Es tan ri-dí-cu-lo como esas pintadas en las que se lee "acariciáis perros y comeis vacas" o la mítica "si los mataderos tuviesen paredes de cristal todos seríamos vegetarianos". Juaaaaaaaaaaaaas. Si los pajaritos se ven molestados por una obra, que se vaya a las palmeras del jardín o a cualquier arbolito de los que hay por allí. Pretender paralizar una obra por unos pajaritos me parece pa flipar. Todos estos serían incapaces de meter el cuchillo en un cerdo como hace la gente de los pueblos, o de cortar el cuello a un pollo, etc. Y la gente de los pueblos que lo hace me parece mucho más natural y sana que todos estos que van de bueniños, que me echo a temblar con los que se venden como bueniños. En mi experiencia lo hacen para lavar la mala conciencia. También en mi experiencia los que son excesivos con los animales suelen ser más malos que la tiña con las personas, que a mí son las que me importan.

2 Arturo

Canta falta de sensiblidade cara a natureza, embrutecemento e tosquedade. Algunha xente, de duas una, ou evolucionou para atrás, ou, simplemente é que nunca pasou dun grau moi primitivo de evolución. Defender a natureza non é ningún " pijerío", nen ter nenos é un "antídoto" contra eso. Aos pijos, precisamente, inpórtalles un bledo a natureza. Algúns, xa digo, parecen sacados do pleistoceno.

1 Bufffff

Cuanta ñoñería, pijerío animalista y afectación mujeril. Si tuviesen hijos no tendrían q desviar el instinto materno hacia los animales.

1 Freixo

Simplesmente: que nojo dar ler-te!!

2 Paraquévives

Probablemente ese desvío te salva a ti, animaliño de monte. Tes duas intervencións neste fío, e ás dúas resposto: ¿Sabes ti se tés mais dereito a vivir que un deses paxariños, digo máis...que unha miñoca? Agora venme con ñoñerias e parvadas varias (mete a relixión se queres); un ser destructivo coma ti era millor que non nacera. A xente preocúpase polo medio e trata de protexer a natureza de inconscientes e aproveitados varios, coma ti, como eses que pensan que fan un ben social (nunca pensan que son parásitos) comprando barato e vendendo caro, xogando á bolsa ou matando (o que poden matar sen pagar prisión) para aforrar uns euros. O problema és ti, non eles.

3 Buffito

Te felicito por el comentario inteligente, argumentum ad hominem, que crack, oye. La demagogia se usa para convencer a aquellos que faltos de mayores luces se guían por sentimientos, emociones, miedos o esperanzas. Se conoce desde Aristóteles y siempre se consideró una corrupción de la democracia. La naturaleza, los pajaritos, que bonito, pero la paralización la pagan las personas que viven en ese edificio, y deja de dar trabajo a trabajadores que viven de la construcción. Esto es lo que me importa y no a los pijines emulando al señor conde de no recuerdo qué, oponiéndose al toro de la Vega. Te voy a emular, en argumento personal, a ver si así: cómo se nota que tenéis los bolsillos llenos carallo, vivís en casas con calefacción y nunca os faltó de nada. De no ser así, no os ocuparíais de estas frivolidades.

4 Paraquévives

Gracias, bufffito. Pero no era un argumento ad hominem, sino ad animal. Como suponía, ibais a saltar con "ñoñerías" y quejas "mujeriles" los mismos que antes érais tan despreciativos contra los demás. Para empezar no tienes idea de lo que es una falacia ad hominem, que es, exactamente, lo que usó tu "papasito" Buff. Por otro lado, si lees bien lo que dice la noticia, aquí lo que se ofrece es la ayuda de los conservacionistas y soluciones, no como vosotros, que no tenéis ni una. La reforma de una fachada, contra la supervivencia de una especie...vuestra solución ¿ cuál es? Dilo clarito, anda. Y ya para rematar: Los bolsillos llenos parecéis tenerlos vosotros, que os pasáis todos los días aquí para decir tonterías ; yo no puedo darme ese lujo .