Libros gratis polo Día das Letras Galegas

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o vindeiro mércores, 17 de maio, o Consorcio de Santiago fará entrega de publicacións en galego a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido (na Praza das Praterías de Santiago) ao longo da xornada, ata que se esgoten as existencias.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/05/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

E, ao día seguinte, o xoves 18, no marco da conmemoración do Día Internacional dos Museos, o organismo tamén obsequiará con libros do seu fondo editorial aos visitantes da Casa do Cabido. Trátase de exemplares relacionados coa Literatura, a Arte e a Historia de Santiago. Os exemplares pertencen ás diferentes bibliotecas do Consorcio: a biblioteca facsimiliar, a científica, a biblioteca de divulgación, a literaria, a biblioteca de imaxes e a biblioteca infantil e xuvenil.

Casa do Cabido en Santiago
Casa do Cabido en Santiago

As persoas que se acheguen estes días á Casa do Cabido terán ademais a oportunidade de facer un percorrido pola exposición de fotografías Mirando a cidade. Un paseo pola historia de Compostela, que mostra a evolución urbana da cidade de Santiago, dende a súa orixe ata a actualidade. Son un total de 61 instantáneas de 58 autores e autoras diferentes, integrados na Asociación Cultural Fotoforum Compostela.

A Casa do Cabido abrirá o mércores 17 e o xoves 18 no seu horario habitual, de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 17:00 a 21:00 horas pola tarde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Kilo

Gratis non. Pagadas cos diñeiros públicos, que non é o mesmo.

1 Carla

Me pasare por allí, tiene buena pinta y parece una iniciativa interesante:)