Temas: INDITEX

Empregadas de Bershka na provincia de Pontevedra farán folga polo peche de tendas

Denuncian que Inditex quere "desfacerse" de persoal, en contreto de 16 persoas en dúas tendas de Vigo.

Por E.P. | VIGO | 16/05/2017 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

Traballadoras de Bershka convocaron a partir deste xoves unha folga indefinida en todos os centros da provincia de Pontevedra ante o peche de dúas tendas en Vigo, o que entenden como un intento por parte do grupo Inditex de facer "unha limpeza" e "desfacerse de persoal", en concreto de 16 persoas --15 indefinidas e unha temporal--.

Empregadas de Bershka en Pontevedra farán folga.
Empregadas de Bershka en Pontevedra farán folga. | Fonte: Europa Press

Nunha rolda de prensa este martes, a responsable comarcal en Vigo da CIG-Servizos, Transi Fernández, indicou que o peche destas tendas --a do Centro Comercial Camelias a mediados do próximo mes e a de Travesía de Vigo en xaneiro de 2018-- non responde a motivos económicos, senón a "causas organizativas".

Así, explicou que o grupo Inditex pretende cambiar o seu modelo de venda, o que pasa por "eliminar tendas pequenas e facer tendas mais grandes con menos persoal". "Sorpréndenos que o home máis rico do mundo, bote ás compañeiras de máis de 40 anos por un cambio de modelo", engadiu.

En relación ao peche das dúas tendas de Vigo, transmitiu que a empresa propuxo ás afectadas indemnizacións de entre 33 e 45 días por ano traballado, ou recolocalas noutros Bershka de Ourense, Lugo e Asturias. No entanto, as empregadas rexeitaron trasladarse, pois supón "un cambio de domicilio e peores convenios".

Neste contexto, o comité de empresa presentou unha contra proposta que pasa pola recolocación das traballadoras noutros centros da provincia de Pontevedra --inicialmente, dixo, aceptaban ir a outras empresas do grupo, pero agora esixen que sexa nos Bershka de Gran Vía e Urzáiz--, e que se lles respecte o seu horario actual --xa que 10 teñen horario de conciliación--.

Campaña de boicot a Inditex iniciada na Coruña diante dun Bershka
Campaña de boicot a Inditex iniciada na Coruña diante dun Bershka | Fonte: rizlinha en Flickr

Segundo comunicou, este mesmo martes as traballadoras convocaron unha asemblea e esperan ter tamén unha reunión coa empresa, tras a que, adiantou, se se consegue chegar a un preacordo que cumpra coas súas esixencias, desconvocarán a folga.

UNHA FOLGA QUE "VAI A TER ÉXITO"

En caso contrario, Fernández asegurou que o total das traballadoras iniciará este xoves folga indefinida, a cal avanzou que "vai ter éxito" porque "se vai a facer por si mesma". Ademais, avanzou que no marco da mobilización, ás 9,30 horas do xoves farán concentracións en Príncipe (Vigo), Pontevedra e Vilagarcía.

Nesta liña, a secretaria comarcal da CIG en Pontevedra, Diana Rodríguez, destacou a resposta de unidade que tiveron as traballadoras, xa que entenderon que o ocorrido en Vigo é "unha agresión cara a todo o persoal". A continuación, mostrou o seu convencemento de que, entre todas, vaise a conseguir "unha gran vitoria".

En todo caso, apuntou que Inditex "ten que ter unha responsabilidade" co seu persoal, polo que espera que se poida chegar a un acordo, que "non se destrúa máis emprego" e que non sexa necesario ir a folga".

Temas: INDITEX
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta