La Voz de Galicia e Faro de Vigo reducen ao mínimo o Día das Letras Galegas nas súas portadas

O xornal coruñés só lle dedica un 2,5 por cento de espazo ás Letras Galegas malia ter sido a casa de Carlos Casares e o xornal que máis axudas recibe da Xunta para a promoción da lingua galega. Faro, outro gran beneficiado do Goberno galego, só lle dedica o 6,4 por cento. Son os dous xornais que menos espazo reservaron para a festa da lingua galega, xunto con Atlántico. En conxunto, as Letras Galegas ocupan o 15,5 por cento das portadas de sete grandes cabeceiras do país.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/05/2017 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

Analizamos con PageOneX —un software para a codificación de portadas de prensa— as primeiras planas de hoxe de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, La Región, El Progreso, Atlántico Diario e La Opinión de A Coruña. Son os xornais galegos cuxas portadas están hoxe dispoñibles na plataforma kiosko.net, fonte da que se vale PageOneX para a súa función: descarga, codificación e análise de portadas de xornais de todo o mundo.

Portada de La Voz de Galicia do 17 de maio de 2017.
Portada de La Voz de Galicia do 17 de maio de 2017.

Do conxunto das sete portadas, o Día das Letras Galegas apenas cobre o 15,5 por cento do espazo total. Temas de política estatal e local, tráfico ou deportes dominan hoxe as primeiras planas da prensa galega, reducindo nalgúns casos os contidos sobre as Letras Galegas ao mínimo necesario para xustificar as subvencións e publicidade investida. Este é o caso, precisamente, dos dous grandes xornais do país, La Voz de Galicia e Faro de Vigo, que son tamén os dous medios que máis cartos reciben da Xunta vía subvencións para a promoción e uso da lingua galega e dos que máis publicidade inxiren co gallo das Letras Galegas, pero os que menos protagonismo lle dan hoxe e esta festa nacional, xunto con Atlántico.

No caso do xornal coruñés, onde ademais colaborou Carlos Casares —o homenaxeado nas Letras Galegas— é especialmente sangrante, xa que malia ser o xornal que se erixe en voz de todos os galegos e o que máis cartos recibe en axudas da Xunta, tan só lle dedica un insignificante 2,5 por cento de espazo informativo na súa portada de hoxe, que sobe a un 6,2 se lle sumamos o espazo publicitario adicado á biografía Carlos Casares 'O neno que quería xogar co mundo', que asina o escritor limiao Antón Riveiro Coello e vende precisamente a propia Voz.

Faro de Vigo tamén mostra un notable desinterese polo Día das Letras Galegas na súa portada de hoxe, onde só ocupa unha área secundaria que equivale ao 6,4 por cento do total do espazo da primeira plana. O xornal vigués é outro dos xornais máis beneficiados polas axudas da Xunta,

No caso de La Opinión de A Coruña —xornal irmán de Faro, tamén do grupo Prensa Ibérica—, o Día das Letras si ocupa un lugar central, coa fotografía principal de portada, pero levado ao ámbito local, en concreto a Cambre, cun espazo dedicado do 24,7 por cento.

El Correo Gallego é o que máis aposta polas Letras Galegas e Carlos Casares, cunha ilustración central e un espazo dedicado na súa portada do 34,4 por cento.

Outro xornal que si destaca cun amplo espazo e foto central o Día das Letras é La Region de Ourense, que lle dedica un 28,3 por cento da primeira plana.

No caso de El Progreso de Lugo, a área dedicada redúcese ao 7,2 por cento, mentres que o Atlántico Diario, de Vigo, tan só lle dedica un 3,4 por cento.

Basta botar un ollo ás portadas en papel de hoxe da prensa galega para comprobar e entender o desinterese que algúns xornais tradicionais manteñen sobre a lingua e cultura galegas, malia recibir centos de miles de euros en subvencións cada ano da Xunta polo uso do galego e en publicidade para a promoción do Día das Letras Galegas. Neste día, hoxe, 17 de maio de 2017, dedicado á figura do escritor Carlos Casares e á lingua e cultura de Galicia, os xornais tan só lle dedicaron en conxunto un 15,5 por cento do espazo das súas portadas á festa das Letras. Para boa parte da prensa tradicional non é hoxe un tema central. E para os dous máis grandes —La Voz e Faro— é un tema menor. Pero iso si, todos saíron hoxe coas portadas en galego para xustificar os cartos recibidos. O resto do ano volverán ao castelán.

Velaquí os espazos dedicados ás Letras Galegas, codificados en azul nas portadas dos distintos xornais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Edgardo

Los medios de comunicación, y los periódicos, son empresas que están en el ajo por la pasta, por tanto sólo les importa el gallego como lengua escrita para recibir subvenciones y publicidad que es lo que los apuntala. Sus directores el Día das Letras, como muchos más, dicen aquello un día al año no hace daño. Del idioma pasan como pasan incluso de la verdad cuando les conviene. En cuanto a la Voz de Galicia está siempre a la caza de los presidentes de turno, alcaldes y demás políticos de altos vuelos para sobrevivir. Y no menciono otros poderes. En lo que respecta al Faro, a ver si de una vez cierra y deja de mierdear la ciudad de la que toma el nombre. La TVG, la mejor de Galicia y parte de la costa atlántica, con semejantes galleguistas a su frente, no me extraña que sólo la vean en los geriátricos como tortura para acabar con sus inquilinos.

3 Gamela

Sobre Faro de Vigo mellor nin falar... pero La Voz comeza a ser preocupante que cantos máis cartos públicos empeta máis OPACA se volve... A miña experiencia nos "comentarios" é xa por demáis... calquera insinuación sobre Xunta ou PP ou Empresas Privadas NON VEN A LUZ DO DÍA! Mentras que calquera comentario que poña a caer dun burro a Abel Caballero é publicado inmediatamente !!! É xa unha RATEIRA preparada para a campaña electoral vindeira... O Faro de Vigo é unha PROSTITUTA INFORMATIVA pagada polo Concello de Vigo //

2 Antolín o dos cubatas

Pero La Voz de Galicia, a cada pouco, adica páxinas a potenciar a Ana POLTRONA

1 Oratodowisky

Moito menos que a Podemos, PPsoe, artigos de beleza, a vida en bici, as chapuzas galegas, os sindicatos, o clima, etc....pero claro, como o queríades morto, o BNG inda vos proe. Non se ven por ningures esas novas a prol de Pontevedra que tanto dabades por feitas. Se fala mais de Coruña, Ferrol, ou Lalín que de Pontevedra ou o BNG; pero, arrastrados PPSOEIROS, o problema que tedes e que o que aquí non se recoñece se recoñece polo mundo adiante. Vos, como sodes lixo, todo vos cheira mal.

1 Yoni Mentero

Sin problema!!! pedid a vuestros diputados "nacionalistas" integrados en Puedemos que defiendan a Galicia (Jua Jua Jua Jua Jua Jua Jua Jua Jua Jua Jua..........)

1 urco

Que? Engrossando as mesnadas fascistas do Millan-Astray e o seu "muera la inteligencia!" ? Pois que aproveite, faro de occidente.