GC Aberto

O sector industrial do automóbil no Sur de Galicia

A oportunidade histórica que estamos a perder.

Por Garaloces (http://twitter.com/xabiergaraloces) | GC ABERTO | 19/05/2017

Comparte esta noticia

Ten toda a lóxica afirmar que o crecemento industrial dun país é un desencadéante directo de oferta de emprego e sustentabilidade económica estable. Ten moita mais lóxica comprender que mellorar o índice global de competitividade industrial, é unha fortaleza nun mercado globalizado. Ten aínda mais lóxica pensar que a competitividade non bascula na moderación e contención salarial, senón na innovación, na investigación, na formación cualificada e tecnificada, nas infraestruturas, en centrar a nosa industria nos produtos de valor engadido. Ten unha lóxica abafante dicir que aquelo que non fabriquemos nos, ó final fabricarano outros, pero aínda así remataremos sendo usuarios, en maior ou menor medida, desa tecnoloxía.

Planta de PSA Citroën en Vigo
Planta de PSA Citroën en Vigo | Fonte: citronoticias.com

Se facemos unha análise da distribución por empresas do sector industrial en Galicia atopamos que o 98% do total son PEMES con menos de 50 empregados, aínda que as grandes empresas concentren case un corenta por cento dos traballadores.

No 2003 a epígrafe “Fabricación de Vehículos a Motor, Remolques e Semirremolques” era a actividade que maior valor engadido bruto xeraba ademais de ser o principal concepto de exportacións do País. A fábrica viguesa de PSA, con 6.500 traballadores directos e 547.500 vehículos en 2007 como principal factoría a nivel mundial do grupo francés constitúe o cerne da estrutura de fornecedores de compoñentes da automoción que actualmente posúe o tecido industrial do automóbil no sur de Galicia.

Segundo o informe emitido polo Clúster de Empresas da Automoción de Galicia (CEAGA), o ano 2016 pechou cun crecemento  do 1,60% con respecto a 2015 chegando a cifra de 19.850 traballadores directos, 750 mais que en 2017 e un total (directos+indirectos) de 45.100 traballadores, o que equivale ó 12% do emprego total do sector industrial da nosa comunidade. A facturación da industria do automóbil equivale ó 14% do PIB galego e as súas exportacións acadan o 29% do total de Galicia. 

Que o sector, a pesares da crise está en crecemento é algo sustentado polos resultados, pero si analizamos a globalidade cercana achamos que quizais estamos perdendo unha oportunidade histórica, outra vez, por falta de miras políticas.

Foi nos anos oitenta, en plena reconversión naval cando o segundo fabricante de vehículos do mundo, Toyota, explorou a posibilidade de establecer unha planta de vehículos na área de Vigo e que finalmente rematou instalada en Francia. Mais adiante, na década do 2000, a alemana BMW intentou o mesmo e o fracaso, principalmente por falta de chan industrial, precipitou o proceso.  E chegamos a 2010 onde o xigante Xaponés Mitshubishi descartou Nigrán, Salvaterra ou Tomiño porque a clase política non conseguiu aqueles 250.000 metros cadrados que dita implantación requiría. 

É agora  cando se rumorea que Tesla, pode por a proba, outra vez as capacidades do tecido de fornecedores de compoñentes do sector do automóbil galego como un candidato firme cara un futuro próximo dos vehículos eléctricos e será outra vez a clase política, eses conselleiros académicos de formación económica e non industrial que nunca pisaron unha fábrica, e que saíron da universidade a ocupar postos de responsabilidade no crecemento industrial do noso país os que, lamentablemente teñan que afrontar este reto.

Somos quen de entender que este sector precisa de ferramentas  de financiamento reais para afrontar a tecnificación e a innovación? O 4.0 do que tanto falan e tantas fotos se sacan. Somos quen de entender que o actuar plan do IGAPE que apenas financia e garante con avais parte do diferencial dos xuros non permite a ese 98% das PEMES acceder a investimentos necesarios pero tan difíciles de afrontar cando a avaliación de risco sigue recaendo na conservadora banca e non nun estado que ten a obriga de protexer e potenciar un sector  estratéxico e en alza?

Seremos quen de comprender que a Axencia de Innovación de Galicia é xunto ca parte financeira o motor da competitividade galega se se dota a esta de mecanismos reais de investimento en I+D e no seu control. 

É tan difícil botar unha vista de ollo as políticas dos nosos veciños portugueses e ver como ocasión tras ocasión perdemos parte do pastel contra eles porque están xerando ofertas mais atractivas para novas implantacións de empresas do sector no seu territorio? Non será o adiado PLISAN de Salvaterra a nosa atractiva oferta para esas futuras implantacións?

Señores da Consellería de Industria, póñanse as pilas xa, ou volveremos a perde-lo tren da oportunidade de pertencer a unha eurorexión que medra industrialmente mais rápido ca nos.



Xabier Garaloces

Inscrito en Podemos Galicia

Membro de Podemos Vigo Oeste

Colaborador de Xuntos Podemos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Preocupado

Isto demostra o pouco interese que teñen PP PSOE e BNG, na industria galega, Portugal acadou todo unha industria da automocion a base de competencia desleal e sin que fixeran nada estes partidos. Pra uns o inimigo está en Cataluña, pra outros en Madrid, pero pra Galicia non miran moito.