Promove ou non promove o Goberno español as linguas cooficiais?

O Executivo de Mariano Rajoy di, agora, que a promoción de galego, catalán e vasco nas webs da Moncloa depende das "dispoñibilidades orzamentarias". Hai menos dun mes, o Senado celebraba o IV Seminario Multidisciplinar sobre o Plurilingüismo para conseguir o “máximo consenso e recoñecemento político" das linguas que se falan no Estado.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/05/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Ello dependerá de la normativa que se apruebe como desarrollo de las Leyes 39 y 40/2015 y de las disponibilidades presupuestarias para llevarlo a cabo de forma continua, para garantizar que cualquier actualización se publica al mismo tiempo así como la coherencia de las versiones". Esta é a resposta que deu o Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital a unha pregunta do deputado vasco Jon Iñarritu sobre o uso do galego, catalán e vasco nas webs da Moncloa, concretamente na deste ministerio.

Páxina web do Instituto de Investigaciones Marinas
Páxina web do Instituto de Investigaciones Marinas

Unha sorprendente resposta que chega poucos días despois de que o Goberno español anunciara que quere apostar pola promoción das linguas cooficiais do Estado tras varias denuncias chegadas desde as nacionalidades históricas nas que se criticaba duramente a imposibilidade de realizar trámites en galego, catalán ou vasco.

"Conseguir a plena accesibilidade" nas linguas cooficiais

Nun comunicado, o Goberno español dicía que quere "completar e conseguir a plena accesibilidade en linguas cooficiais" das páxinas web dos departamentos ministeriais e organismos públicos da Administración Xeral do Estado. Ademais, indicaba que se fixara como obxectivo a elaboración e presentación o 1 de agosto do 5º Informe, que corresponde ao período 2014-2016, sobre cumprimento da Carta Europea de Linguas rexionais e/ou Minoritarias do Consello de Europa.

A resposta dada polo Ministerio de Energía, que fala exclusivamente de ter partidas orzamentarias, é moi diferente a do secretario de Estado para as Administracións Territoriais, Roberto Bermúdez de Castro. Este mostraba a intención do Executivo central de impulsar as linguas cooficiais e anunciaba, tras a reunión do Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado, a realización dun informe sobre o grao de cumprimento do galego, catalán e vasco na Administración Xeral do Estado e nos seus organismos adscritos ou vinculados.

Teclado dun ordenador
Teclado dun ordenador

IV Seminario Multidisciplinar sobre o Plurilingüismo

 

Tamén contrasta esta nova postura do goberno español co que se defendeu no Senado hai menos dun mens, no IV Seminario Multidisciplinar sobre o plurilingüismo en España que inaugurou o presidente da Cámara Alta, o popular Pío García-Escudeiro.

O seminario estivo adicado á realidade lingüística de España, na que ademais do castelán e as linguas oficiais das nacionalidades históricas, conviven outras linguas, como o aragonés, o catalán de Aragón, o asturiano e, curiosamente, o galego-asturiano, que están recoñecidas e protexidas oficialmente, mentres que outras, como o portugués en Estremadura ou diferentes dialectos árabes en Ceuta e Melilla, non o están.

O propio Senado suliñou nun comunicado que o encontro tentou conseguir o “máximo consenso e recoñecemento político” co obxectivo de que este patrimonio sexa considerado unha riqueza de todos os cidadáns.

Nas distintas conferencias e coloquios participaron, entre outros, Francesc Antich Oliver, senador do Grupo Parlamentario Socialista; Fernando Ramallo Fernández, profesor de Lingüística da Universidade de Vigo e membro do Comité de Expertos da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias (Consello de Europa); José Ignacio López Susin, director xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón; Fernando Padilla Palicio, director xeral de Planificación Lingüística e Normalización do Principado de Asturias; Carles Martí Jufresa, director do Seminario e exsenador; e Fernando Rodríguez Lafuente, director do Seminario e da Fundación Ortega-Marañón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

10 Bufffff

Algunos simulan creer que están en posesión de la verdad, y como vieron la luz hacen drama y tal. La luz es la pasta que os genera el chiringuito del gallego, las casas con calefacción y ventanas con rotura de puente térmico en las que vivís y el miedo a tener que envolveros en una manta de Palencia cuando hace frío si el negocio va a menos... A ver, que no cuela, rapaces. El gallego no vale para nada y por eso la gente lo abandona. En cuanto al drama, tampoco cuela, es int€r€$ado. A nadie se le escapa que si no vivieseis rascándola a cuenta del gallego mediante subvenciones y puestos de trabajo artificiosos, seguramente seríais mileuristas si es que no estabais en paro.

1 ant0ncoidaasúalinguaxe

Da verdade do poseído es ti dono... O galego é unha lingua máis deste mundo, deste chamado primeiro mundo, aínda que vos amole, porque gozariades véndonos pasar fame, que non sodes mais que un saco de fobias e traumas, que hai que estar doentes para estar aquí todos os días dando a vara. Vós si que non valedes para nada, non vexo a utilidade das opinións que arroxades, non achegades nada para a humanidade, só fel, odio, negrura, pero a culpa é miña, por responder, porque a indifferenza ante estes é a mellor solución, ser nós mesmos, homes e mulleres libres, fóra covardías e vergoñas, que é o que máis lles proe. Eu non vos entendo. Adeus.

2 Opolbomanco

A verdade e que para tí, o galego non serve de nada; e o castelán tampouco. ¿Para iso gastan centos de millóns en promover o castelán? ¿Para que tí saias con fallas de ortografía a eido e falando parvadas? Sodes un fracaso: nin sabedes como escribir e defender o voso idioma, nin coñecedes a dependencia que ten o castelán do galego, nin sabedes da vosa historia, nin hai ciencia ningunha vosa, nin o mundo perdería nada sen vos. ¿Cal é a vosa aportación?... A ditadura, a inquisición ata o século XIX, a espulsión dos mouriscos, a lenda negra (e o voso chorar e batir de dentes para que vos desen acubillo na UE), os centos de milleiros de mortos pola vosa intolerancia que vos fixo perder Cuba, a envexa polas linguas rexionais... ¿ Servides para algo?, non sendo para falar e falar eu penso que non.

9 Balbino Fernández

O galego vende!!! Non hai máis que ollar as trifulcas provocadas desde GC, deben aumentar a audiencia por iso insisten. Serán fascistas ou animadores do falso debate? Para repensalo antes de comentar e alimentar polémicas artificiais arredor do galego.

8 estado galego

Canto renegado que bota pestes contra o galego, non sodes máis que traidores a vosa terra, esto solo pasa en Galicia, en ningún lugar do mundo máis, sodes uns acomplexados. Xa se sabe o que é un paleto, un que ve mellor o de fora que o do seu propio lugar. Ide a escola é aprendede a importancia histórica do galego. Por certo querer que desapareza o galego é un acto de violencia e unha falta de respeto.

1 nostrus

Para acomplejados los galiciosos, que por mucho que renieguen no dejan de ser españoles ni aunque pasen por el quirófano. Los nacistas son los principales enemigos de Galicia por el rencor y odio que siembran. Para ser buen gallego no se necesita ser nacista,

7 abusa sitio noutro

Penso que não se precisa que 'promovan' a lingua galega. O que hai que facer é defender os dereitos das persoas que escolhen falar a lingua galega. E naturalmente deijar de impor o espanhol, por exemplo, como na conversa de onte com nostrus, onde sinalei que não é justo que canais de TV emitam na Galiza ignorando a lingua da Galiza có beneplácito do estado espanhol. O nostrus semelhaba curtir isso e só se preocupaba de que a TVG tenha programação bilingue.

6 Buffito

Yo floto, vamos, la voracidad de los que ven en peligro el negocio de las subvenciones y puestos de trabajo artificiosos no tiene límites ¿Cuál va a ser la siguiente? ¿Que en Murcia las webs tengan versión en las lenguas regionales o minoritarias? Pa flipar...