Temas: GALEGO

Promove ou non promove o Goberno español as linguas cooficiais?

O Executivo de Mariano Rajoy di, agora, que a promoción de galego, catalán e vasco nas webs da Moncloa depende das "dispoñibilidades orzamentarias". Hai menos dun mes, o Senado celebraba o IV Seminario Multidisciplinar sobre o Plurilingüismo para conseguir o “máximo consenso e recoñecemento político" das linguas que se falan no Estado.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/05/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Ello dependerá de la normativa que se apruebe como desarrollo de las Leyes 39 y 40/2015 y de las disponibilidades presupuestarias para llevarlo a cabo de forma continua, para garantizar que cualquier actualización se publica al mismo tiempo así como la coherencia de las versiones". Esta é a resposta que deu o Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital a unha pregunta do deputado vasco Jon Iñarritu sobre o uso do galego, catalán e vasco nas webs da Moncloa, concretamente na deste ministerio.

Páxina web do Instituto de Investigaciones Marinas
Páxina web do Instituto de Investigaciones Marinas

Unha sorprendente resposta que chega poucos días despois de que o Goberno español anunciara que quere apostar pola promoción das linguas cooficiais do Estado tras varias denuncias chegadas desde as nacionalidades históricas nas que se criticaba duramente a imposibilidade de realizar trámites en galego, catalán ou vasco.

"Conseguir a plena accesibilidade" nas linguas cooficiais

Nun comunicado, o Goberno español dicía que quere "completar e conseguir a plena accesibilidade en linguas cooficiais" das páxinas web dos departamentos ministeriais e organismos públicos da Administración Xeral do Estado. Ademais, indicaba que se fixara como obxectivo a elaboración e presentación o 1 de agosto do 5º Informe, que corresponde ao período 2014-2016, sobre cumprimento da Carta Europea de Linguas rexionais e/ou Minoritarias do Consello de Europa.

A resposta dada polo Ministerio de Energía, que fala exclusivamente de ter partidas orzamentarias, é moi diferente a do secretario de Estado para as Administracións Territoriais, Roberto Bermúdez de Castro. Este mostraba a intención do Executivo central de impulsar as linguas cooficiais e anunciaba, tras a reunión do Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado, a realización dun informe sobre o grao de cumprimento do galego, catalán e vasco na Administración Xeral do Estado e nos seus organismos adscritos ou vinculados.

Teclado dun ordenador
Teclado dun ordenador

IV Seminario Multidisciplinar sobre o Plurilingüismo

 

Tamén contrasta esta nova postura do goberno español co que se defendeu no Senado hai menos dun mens, no IV Seminario Multidisciplinar sobre o plurilingüismo en España que inaugurou o presidente da Cámara Alta, o popular Pío García-Escudeiro.

O seminario estivo adicado á realidade lingüística de España, na que ademais do castelán e as linguas oficiais das nacionalidades históricas, conviven outras linguas, como o aragonés, o catalán de Aragón, o asturiano e, curiosamente, o galego-asturiano, que están recoñecidas e protexidas oficialmente, mentres que outras, como o portugués en Estremadura ou diferentes dialectos árabes en Ceuta e Melilla, non o están.

O propio Senado suliñou nun comunicado que o encontro tentou conseguir o “máximo consenso e recoñecemento político” co obxectivo de que este patrimonio sexa considerado unha riqueza de todos os cidadáns.

Nas distintas conferencias e coloquios participaron, entre outros, Francesc Antich Oliver, senador do Grupo Parlamentario Socialista; Fernando Ramallo Fernández, profesor de Lingüística da Universidade de Vigo e membro do Comité de Expertos da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias (Consello de Europa); José Ignacio López Susin, director xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón; Fernando Padilla Palicio, director xeral de Planificación Lingüística e Normalización do Principado de Asturias; Carles Martí Jufresa, director do Seminario e exsenador; e Fernando Rodríguez Lafuente, director do Seminario e da Fundación Ortega-Marañón.

Temas: GALEGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

5 Fartodalingua

¿En que lengua se comunican Otegi, Junqueras y Beiras? ¿Por qué se traducen al gallego obras de Valle si en español las entienden todos los gallegos? Son ganas de tocar los kinder

1 asombrado

los kinder y las gaititas (tiroriii tiroriii tiroritiroritiroriro ....)

2 teutonio

Pois poderían facelo en francés, (non creo que Beiras fale inglés, aínda que domina 4 idiomas polo menos) os nacionalistas témosche máis facilidade pras linguas que os burriqueiras mesetarios como Rajoy.

4 Fartodalingua

Lo que tiene que hacer el Gobierno, mejor dicho el Estado, es imitar el modelo francés y promover al español como única lengua oficial.

1 asombrado

¿En Francia la única lengua oficial es el español ? Que bien.

2 Metoquites

En España, una sola lengua oficial, el español. Lo del bilingüismo suena a cochinada.

3 Nexus 6

Esto de la Normalización es de locos. Sobre todo cuando uno piensa que existe una lengua en la que nos entendemos todos ¡Pero si ahora ya hay quien edita en andaluz! El asturiano, el fronterizo mirandés, el leonés...de locos. Y mientras tanto, la lengua común y propia de la gran mayoría de españoles, la que ha alcanzado la más alta calidad en su literatura desde hace siglos y una de las lenguas más importantes y extendidas del mundo, catalogada como una lengua propia de invasores (es decir, los propios españoles) y en vías de ser eliminada de algunos sistemas educativos en ciertas autonomías.

1 Torre de Babel

Se temos un idioma común, o castelán, como ti dís que falam tantos millóns de persoas por que non te bates o cobre para que en Bruxelas sexa língua oficial? Aí non dicides nin pio. Aí manda a Lerkel e o seu idioma falado pola 1/4 parte dos que falan castellano. eu son galego, non son castelán. Nada teño contra Castela;, agora xa non imos cortar trigo senonn a comer cochinillo a segovia, por exemplo.; pero teño o dereito de que un castelán, un vasco ou un catalán me entendan e se dirixan o meu idioma. Xe dis que somos todos uns dbemos selo completamente non por retales. c

2 Gamela

para falar da nosa lingua e do papanatismo polo inglés... http://gamela00.blogspot.com.es/sea...

1 teutonio

Seguimos co galegobait señor de Galicia Confidencial?