GC Aberto

Xestores de emerxencias de España únense para dignificar a súa profesión

Os operadores dos Centros de Coordinación do 112 e 061 crean a plataforma GEME (Xestores de Emerxencias de España) para dar a coñecer o seu traballo e reivindicacións laborais

Por Javier (http://www.facebook.com/jmayoveloso) | GC ABERTO | 20/05/2017

Comparte esta noticia

Nun comunicado conxunto que asumen diversas Asociacións e colectivos, os xestores de emerxencias insisten en que "non captamos clientes, non seguimos falta de pagamentos, non vendemos créditos nin ningún outro tipo de mercadorías ou servizos". Asi é como diferencian a súa tarefa os xestores de emerxencias que traballan en centros de todo o Estado, como o 112 Galicia e 061 Urxencias Sanitarias, "nós xestionamos e mobilizamos recursos de emerxencias, tendo presente que en moitas ocasións unha vida depende da nosa actuación".

As novas instalacións do 112 Galicia na Estrada (Pontevedra).
As novas instalacións do 112 Galicia na Estrada (Pontevedra).

Outra das peticións que realizan os xestores fai referencia ao prestixio laboral: ainda que existe a cualificación profesional desde o 2.011 (Teleoperaciones de atención, gestión y coordinación de emergencias con Nivel 3 no Catálogo Nacional) e Certificado de Profesionalidade desde o 2.014, aínda non están o suficientemente desenvolvidas a dia de hoxe.

www.gestoresdeemergencias.org

 

En Marea traballadores 112
En Marea traballadores 112
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta