Temas: EDUCACIóN

14 candidatos por praza nas oposicións de Secundaria, FP e Música da Xunta

Case 14.500 persoas aspiran a unha das 1.043 prazas docentes da OPE de Educación

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2017 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

Un total de 14.449 persoas inscribíronse nos procedementos selectivos da Oferta Pública de Emprego (OPE) de ingreso e acceso ao corpo de profesores convocada pola Consellería de Cultura e Educación e que inclúe 1.043 prazas.

Exames de oposicións en Silleda
Exames de oposicións en Silleda | Fonte: actualidad.es

Estes candidatos aspiran a unha praza nos corpos de profesores de Ensino Secundario e de Música e Artes Escénicas, así como de mestres e de profesores técnicos de FP. Tamén se inclúe a adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de Secundaria, técnicos de FP e mestres.

As probas, de acordo coa planificación de convocatorias anteriores, comezarán o próximo 24 de xuño, de modo que os aspirantes que se incorporen á función docente poidan facelo xa para o inicio do curso 2017/2018.

De total de inscritos, 7.467 fixérono na especialidade de mestres e outros 6.113 en Ensino Secundario. Na especialidade de profesores técnicos de FP inscribíronse 823 persoas e nas de Música e Artes Escénicas outras 46.

Por especialidades, as máis demandadas en Secundaria son Xeografía e Historia --936 inscritos--, Inglés --858--, Lingua Castelá e Literatura --745--, Matemáticas --713-- e Bioloxía e Xeoloxía --641--. Entre os profesores técnicos de FP, destacan os de Sistemas e Aplicacións Informáticas --229 inscritos-- e os de Equipos Electrónicos --177--, mentres que en Música e Artes Escénicas aglutinan máis inscritos piano --15-- e linguaxe musical --12--.

Finalmente, dos 7.467 inscritos para prazas de mestre, 2.550 estano en Educación Infantil, 1.866 en Educación primaria, 864 en Pedagoxía Terapéutica, 577 en Educación Física, 565 en Inglés e 540 en Educación e Linguaxe, entre outras.

Temas: EDUCACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta