Pasa a disposición xudicial o matrimonio de Ferrol acusado dunha agresión cunha catana

Os dous detidos en Ferrol como supostos autores dunha agresión cunha catana, ocorrida na mañá do pasado mércores, 17 de maio, no barrio de Recimil, pasaron este venres a disposición xudicial.

Ferrol | 19/05/2017 | Actualizada ás 12:09 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os dous detidos en Ferrol como supostos autores dunha agresión cunha catana, ocorrida na mañá do pasado mércores, 17 de maio, no barrio de Recimil, pasaron este venres a disposición xudicial.

Segundo apuntaron fontes da investigación, os detidos foron conducidos ao redor das 11,00 horas ao Xulgado de Instrución número 1 de Ferrol, en funcións de garda, que instrúe o caso.

Os apresados son un matrimonio de etnia xitana, menores ambos de 40 anos. O home asegurou que tomou esta actitude violenta despois de que o ferido lle insinuase que portaba un arma de fogo e lle amosase o que parecía a culata.

Unha das vítimas, unha muller de 44 anos, recibiu un corte nas costas coa catana, e foi dada de alta tras varias horas no servizo de urxencias do Hospital Arquitecto Marcide.

O outro agredido, de 49 anos, permanece ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), onde foi derivado do centro ferrolán pola gravidade dalgunhas das súas feridas. Foi intervido de urxencia na tarde do mércores en ambas as mans ao sufrir o corte dun dedo e de varios tendóns e, segundo precisaron fontes da investigación, é previsible que queden secuelas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta