O Santander e Bankia, favoritos para comprar a matriz do Banco Pastor

O Banco Popular -propietario do Banco Pastor, o segundo máis importante en Galicia- deixa acceder aos seus datos máis sensíbeis ás dúas entidades que mostraron interés en acudir a compra ou fusión.

Por E.P. | MADRID | 20/05/2017 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

Banco Santander que presentou unha mostra de interese non vinculante polo Banco Popular, contratou ao banco estadounidense Citi para que lle asesore ao longo do proceso, informaron a Europa Press fontes financeiras. Ademais do asesoramento de Citi, Santander constituíu un equipo interno para o estudo e seguimento da operación.

Banco Pastor-Grupo Banco Popular
Banco Pastor-Grupo Banco Popular

Pola súa banda, Bankia, que tamén expresaría esta semana o seu interese polo banco que preside Emilio Saracho, non disporía polo momento dun asesoramento externo específico para este caso, pero conta tamén cun grupo interno que analizou en profundidade as operacións e créditos que Popular puxo ata agora sobre a mesa e que lle serviron como referencia para decidir mostrar o seu interese.

BBVA non desvelou se está interesado ou non en Popular nin se formalizou mostra de interese, mentres que CaixaBank, que aparecía tamén nas quinielas como posible comprador, non concorreu finalmente ao proceso ao estar centrado na integración do portugués BPI.

Agora é Popular, que conta co asesoramento de JP Morgan, o que, en función das mostras de interese recibidas, debe decidir se abre a fase das ofertas vinculantes, na cal se dá acceso aos interesados a toda a súa contabilidade.

Polo momento, o banco accedeu a un primeiro intercambio de información coas entidades interesadas cuxo resultado non ten carácter vinculante, pero permite á entidade seguir avanzando na análise das súas opcións, segundo lembran desde Renda4.

O consello de administración de Popular, que se reuniu o xoves para aprobar cambios no órgano de goberno, foi informado as mostras de interese preliminar presentadas polos seus competidores. A entidade dispón aínda de tres semanas para decidir se segue adiante co proceso de venda, dado que se fixou de prazo ata o 10 de xuño para adoptar unha decisión.

Ata agora, Popular non recibiu ningunha proposta concreta firme nin asumido ningún compromiso, polo que a entidade continua valorando as distintas alternativas dispoñibles, entre as que non descarta unha ampliación de capital, tal e como afirmou Saracho durante a última xunta de accionistas.

Entre as fortalezas de Popular que poderían atraer aos seus compradores atópanse a súa franquía e o seu negocio de pemes, no que a entidade é a primeira no sector cunha cota próxima ao 18%. Pola contra, o seu elevado nivel de activos improductivos, case 37.000 millóns ao peche do primeiro trimestre, é un dos principais aspectos que lle restan valor.

A entidade experimenta estes días unha gran volatilidade en Bolsa como consecuencia das informacións sobre a súa posible venda. Na sesión deste venres o valor impulsouse case un 10% despois de liderar a sesión durante todo o día, mentres que no catro xornadas anteriores chegou a experimentar caídas de ata o 6%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta