Unha demanda da CIG levará a Urbaser aos xulgados de Lugo por "vulneración da liberdade sindical"

Unha demanda presentada pola CIG e polo delegado da sección sindical deste sindicato levará á empresa de recollida de lixo Urbaser aos xulgados por "vulneración da liberdade sindical". En concreto, o xuízo celebrarase este martes 23 de maio no Xulgado do Social nº3 de Lugo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2017 | Actualizada ás 18:08 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha demanda presentada pola CIG e polo delegado da sección sindical deste sindicato levará á empresa de recollida de lixo Urbaser aos xulgados por "vulneración da liberdade sindical". En concreto, o xuízo celebrarase este martes 23 de maio no Xulgado do Social nº3 de Lugo.

Segundo narrou a CIG nun comunicado, este sindicato comunicou á dirección de Urbaser o 29 de xuño do ano pasado o resultado da asemblea de elección do seu delegado sindical, xa que nas eleccións sindicais "alcanzase máis do 25 por cento dos votos e cumprise tamén a porcentaxe do 25 por cento de afiliación na empresa".

Trátase de "requisitos establecidos no artigo 41 do convenio colectivo para ter dereito a un delegado sindical coas mesmas garantías que os membros do comité de empresa", tal e como explicou a CIG.

"En febreiro de 2017, despois de sete meses do nomeamento do delegado sindical da CIG e recoñecéndolle a empresa durante todo este tempo os dereitos da lexislación vixente, a dirección de Urbaser comunica o non recoñecemento da sección sindical da CIG e, de modo unilateral, descóntalle ao traballador as retribucións correspondentes ao crédito horario consumido desde xullo do ano 2016", denunciou a central sindical.

"Xa chove sobre mollado", subliñou a CIG, xusto antes de censurar que, "unha vez máis", a dirección de Urbaser "volve mostrar a súa habitual política de represión sindical contra os que pretenden traballar sindicalmente a favor da defensa dos dereitos laborais nesta empresa".

Neste sentido, o sindicato fixo fincapé en que a empresa Urbaser "xa ten dúas sentenzas condenatorias por vulneración de dereitos fundamentais ratificadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)", en alusión á folga de 2014 e á do despedimento nulo do presidente do anterior comité de empresa.

"Lamentamos que teña que ser novamente a xustiza quen garanta a liberdade sindical do persoal de Urbaser", resolveu a CIG.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta