Temas: VIVENDA FOGAR

O mercado inmobiliario galego segue sen atraer aos estranxeiros

Só un 0,79 dos compradores de vivendas son de fóra do Estado. A maior parte dos que adquiren unha casa son galegos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/05/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Un 0,79%. Esa é a cifra de estranxeiros que se animou a mercar unha vivenda en Galicia o pasado anos. Das 13.500 vendidas, pouco máis dun cento foron adquiridas por persoas que residen fóra do Estado. Unha circunstancia que coloca ao país no último lugar en preferencia dos estranxeiros para adquirir un piso ou unha casa, a diferencia doutros lugares da costa mediterránea onde as porcentaxes superan o 40%.

Paneis solares nunha urbanización de vivendas
Paneis solares nunha urbanización de vivendas

Segundo os datos do Colexio de Rexistradores, Galicia sitúase á cola dun ranquing seguida de Estremadura (1,12%) e Asturias (1,94%). E de todas as provincias, Lugo é a menos atraínte para o iversor estranxeiro. Tan só un 0,45% mercou casa alí. Síguenlle Cáceres, A Coruña, Ourense, Salamanca, Albacete, Córdoba e Pontevedra. No outro estremo, provincias como Alacante e Tenerife, con índices superiores aos 40%.

E de onde son os poucos que deciden comprar casa en Galicia?. Principalmente, portugueses, sobre todo en zonas fronteirizas como o Baixo Miño ou a comarca de Verín. Eles representan o 18% do total. Síguenlles os ingleses e os chineses, con case un 6% e os estadonidenses, con menos dun 5%, igual que os venezolanos e arxentinos.

Ademais, Galicia rompe tamén a dinámica das estatísticas estatais xa que, a diferencia de España, aquí en 2016 os compradores optaron por vivendas de segunda man, que se dispararon un 30%, fronte as novas que baixaron un 27%.

Temas: VIVENDA FOGAR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moinante

Todo o urbanismo feito em Galiza é umha miséria, só temos que observar as Marinhas do Eo-Navia, na banda Leste que depende de Ovieu, garda equilíbrio paisagista, a Oeste que depende de Compostela é umha desfeita. E já nom comparemos com Euzkadi, entom todo o feito aqui nom só é miséria senom também feísmo atroz. O urbanismo é umha linguagem que transmite os valores de quem decide sobre o território. Aqui na Galiza só temos uns analfabetos avarentos dirigindo a Comunidade. Quem vai querer vir aqui?