O PPdeG usa unha noticia de La Voz de Galicia para burlarse de Abel Caballero

"Alcaldeeeeeeeee", publicou o tuiter oficial do PPdeG pouco despois de que se coñecera a vitoria de Pedro Sánchez en Vigo e parafraseando o polémico tuit de Pedrerol tras a eliminación do Celta na Copa do Rei.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 22/05/2017 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

O PPdeG volveu a montala nas redes sociais. E o fixo, utilizando unha noticia de La Voz de Galicia sobre a derrota de Abel Caballero en Vigo.

A primeira reacción do PPdeG á vitoria de Pedro Sánchez produciuse en Tuiter pouco despois de coñecer os resultados, cando o partido publicou na súa conta da rede social unha noticia de la Voz na que se apuntaba que "Pedro Sánchez gana en Vigo a pesar de Caballero votó por Susana Díaz". Os populares acompañaron a información cun "Alcaldeeeeeeeeeeee".

O comentario popular parafraseaba un polémico retuit do vicepresidente da Xunta e líder do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, quen en febreiro recibiu duras críticas por redifundir a través da súa conta un comentario feito do xornalista Josep Pedrerol no que se burlaba de Caballero tras a derrota do Celta nas semifinais da Copa do Rei. Entón, Rueda retirouno e tentou explicar a súa postura.

O alcalde de Vigo,  Abel Caballero.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Tuit de Pedrerol

Nesa ocasión, afeccionados do Celta e veciños de Vigo censuraron que o dirixente popular fixese seu o tuit do presentador de 'O Chiringuito de Jugones' --quen en días previos criticara a Caballero pola suspensión do partido de Liga fronte ao Real Madrid dados os danos que o temporal causou en Balaídos--. Nese tuit, Pedrerol dicía "Alcaldeeeeeeeeeeeeeeeeeeee!".

A decisión do PPdeG de rescatar esta expresión a modo de chascarrillo tras coñecer os resultados das primarias do PSOE volveu a provocar balbordo nas redes sociais. Desde o entorno do rexedor vigués afearon esta posturo e este intento do PPdeG de "mofarse dos vigueses" novamente.

Tuit do PP burlándose da vitoria de Pedro Sánchez en Vigo
Tuit do PP burlándose da vitoria de Pedro Sánchez en Vigo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta