Xornadas de voluntariado ambiental en Santiago e Pontevedra

Con motivo do Día Mundial da Biodiversidade, este luns Viaqua organiza un censo primaveral de aves nas instalacións da ETAP do Lérez de Pontevedra o día 23 de maio, e na ETAP do Tambre de Santiago de Compostela, o día 30 de maio.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/05/2017 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

O programa BiObserva, un proxecto pioneiro e innovador no que colabora co Instituto Catalán de Ornitología (ICO) e SEO Birdlife, e no que os traballadores da empresa -voluntarios adscritos ás plantas- recollen datos da observación das aves e reportan as súas observacións para realizar posteriormente estudos nunha segunda fase. A web de BiObserva recolle os datos destas observacions que proporcionarán información para implantar accións de biodiversidade nas instalacións e permite facer consultas personalizadas.

Voluntariado ambiental na ETAP de Santiago
Voluntariado ambiental na ETAP de Santiago

Este programa de voluntariado ambiental implica aos traballadores das instalacións na conservación da biodiversidade local, constituindo un proxecto con múltiples beneficios, comenzando polo coñecemento do propio entorno natural dos centros de traballo por parte dos empregados e convertíndoos en axentes clave do desenvolvemento sostible do seu entorno máis próximo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta