Ángeles Vázquez destaca o bo momento e a estabilidade dos prezos na Central Agropecuaria de Galicia

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou este martes o "bo momento" e "a estabilidade" dos prezos que marcan a actividade da Central Agropecuaria de Galicia Abanca, en Silleda (Pontevedra).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2017 | Actualizada ás 17:49 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou este martes o "bo momento" e "a estabilidade" dos prezos que marcan a actividade da Central Agropecuaria de Galicia Abanca, en Silleda (Pontevedra).

Þ Ángeles Vázquez en Silleda
Þ Ángeles Vázquez en Silleda | Fonte: Europa Press

En particular, destacou especialmente o incremento do 16% que alcanzan as transaccións de gando de recría, chegando ata os 2,4 millóns de euros no que vai de ano, e por encima do 6% no número de cabezas deste gando, cun total de 11.175 tenreiros no mesmo período en relación co anterior exercicio.

Ademais, a evolución total das poxas vén sendo tamén positiva. Así, o número de animais que pasaron por esta central no que vai de 2017 ascende a 17.594, un 1,68% máis que no anterior período. As transaccións totais creceron tamén ao redor dun 5% ata os 7,1 millóns de euros.

A titular de Medio Rural destacou que este mercado, xestionado pola Fundación Semana Verde de Galicia, alberga a única poxa de gando bovino informatizada de España e que leva a cabo sen intermediarios, o que garante a transparencia nas transaccións entre compradores e vendedores, evitando o regateo e garantindo o cobro inmediato e seguro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta