Un incendio calcina un alpendre en Pereiro de Aguiar (Ourense)

Un incendio rexistrado en Pereiro de Aguiar calcinou por completo un alpendre e todos os bens que se gardaban no interior da construción, provocando o derrube do seu tellado.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2017 | Actualizada ás 21:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un incendio rexistrado en Pereiro de Aguiar calcinou por completo un alpendre e todos os bens que se gardaban no interior da construción, provocando o derrube do seu tellado.

O alpendre sitúase nas proximidades da rotonda de acceso ao Parque Tecnolóxico, moi preto do límite co municipio de San Cibrao das Viñas.

Os Bombeiros de San Cibrao puxéronse en contacto co 112 Galicia ás 15.00 horas para indicar que, a petición dunha persoa particular, dirixíanse a sufocar o incendio. A maiores, desde o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertouse ao GES do Pereiro e á Garda Civil.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta