Pleno.- A Policía autonómica presta vixilancia e protección a 185 vítimas de violencia machista

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, concretou este martes que a Policía autonómica ten asignada actualmente a protección e vixilancia na comunidade de 185 mulleres vítimas de violencia machista.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2017 | Actualizada ás 21:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, concretou este martes que a Policía autonómica ten asignada actualmente a protección e vixilancia na comunidade de 185 mulleres vítimas de violencia machista.

En resposta á deputada popular Paula Prado, sinalou, ademais que no que vai de ano realizáronse outro tipo de actuacións como 17 detencións por delitos de violencia machista, a atención de 237 requirimentos (a través do 112, 091, ou chamadas de vítimas, fundamentalmente) e a realización de máis de 12.500 contravixilancias na contorna da vítima ou do agresor.

Tamén foron identificadas 539 persoas, realizáronse 504 informes de valoración do risco da vítima e levaron a cabo 167 colaboracións (acompañamentos aos xulgados e hospitais, entre outras), así como 1.436 contactos e entrevistas.

Na actualidade, as unidades de prevención, asistencia e protección ás vítimas de violencia machista da Policía autonómica suman 13 axentes dedicados en exclusiva a atender ás mulleres que se atopan nesta situación, aos que se suma o apoio doutros 66 que prestan servizo a quendas as 24 horas do día e todo o ano.

Prado destacou o labor da Xunta e criticou que a oposición pretenda dar a entender que o Goberno que dirixe Alberto Núñez Feijóo "non fai nada" fronte á violencia machista. "Non se pode ser irresponsables", reflexionou, antes de apelar a deixar de lado calquera "interese partidista" neste asunto.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta