O cartel de Entroido sobre o Papa non é delito

A Xustiza arquiva a causa pola que foi imputado o concelleiro de Cultura da Marea Atlántica. A denunciante Asociación de Viúvas de Lugo di que se alegra por el, pero argumenta que con outras relixións non se atreven a facer estas burlas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 24/05/2017 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

José Manuel Sande coñeceu hoxe no xulgado de Instrución número 2 da Coruña o sobreimento da causa contra el por un suposto delito de ofensa aos sentimentos relixiosos. O xuíz arquivou a causa aberta tras a denuncia da Asociación de Viúvas de Lugo.

Cartel de entroido do Concello da Coruña
Cartel de entroido do Concello da Coruña

O arquivo foi solicitado pola propia fiscalía e a denunciante xa indicou que non pesa recorrer o auto. A polémica sobre a caricatura que ilustraba un cartel do entroido herculino finaliza así o seu curto percorrido xudicial.

A fiscalía considera que non está acreditado que Sande pretendese facer burla dos cristianos. Tamén argumenta que non está claro que a figura do cartel -con sotana branca e o nariz vermello-. sexa en concreto o Papa Francisco,  como argumentaba a acusación, senón un relixioso. O fiscal tamén lembra que é frecuente no Entroido da Coruña que a xente se disfrace de cura. 

Sande declarou na porta dos xulgados que xa esperaba o arquivo, porque era unha “investigación caricaturesca” , mais ben unha “extensión do entroido”.

Aurora Carro, a denunciante, iniste en que “eu como cristiá sentinme ofendida”. Con todo, a presidenta da Asociación de Viúvas de Lugo di “alegrase por él”, en relación ao político, a quen dixo ter xa perdonado. Lamentou que accións así saian “gratis” e argumentou que con outras relixións non se atreven a facer o que ela considera burlas, porque no fondo son uns “cobardes”.

José Manuel Sande
José Manuel Sande

A causa abriuse tras a denuncia presentada pola presidenta da Asociación de Viúvas de Lugo, quen interpretou que o cartel, obra do artista Alberto Gutián, ofendía o sentimentos relixiosos.

Tras admitirse a trámite a súa denuncia, o Xulgado de Instrución número tres da Coruña citou a declarar ao edil quen rexeitou ese día a existencia dunha "vontade de ofensa" ou de "sentimento anticlerical".

Respecto diso, apelou, en declaracións aos xornalistas, á defensa por parte do goberno local "da liberdade de expresión", onde incluíu as expresións culturais e as manifestacións artísticas como a que aparece no mencionado cartel. O arcebispado e o PP da Coruña foron dous dos colectivos que criticaron o cartel. O presidente da Xunta dixo que era "impropio" e que pretendía insultar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 Bufffff

Toma )*( http://hemeroteca.abc.es/nav/Naviga... Nadie diga que en la Marea hay corrupción...

7 Galegus sempre

Moi ben, pero para o ano que vén hai facer ese mesmo cartel poñendo a foto do alcalde Ferreiro ou de Pablo Igrexas coas súas parellas,ou mesmamente de Mahoma ou Castelao

1 Listo

Faino ti, xa que tanto sabes.

6 os 4 xinetes do ateismo

A relixión non e mais cunha enfermidade mental!!! - https://www.youtube.com/watch?v=tS_...

1 nostrus

igual co necio-nalismo

5 Buffonazo

Pois moi ben. Vou ir cociñar un cristo. https://www.youtube.com/watch?v=FHI...

4 Bufffff

¿Este no es el concejal q trabajó en la RAG haciendo vida marital o siendo novio de una hija de Ferrín q también trabajo en esa misma asociación siendo su padre presidente, escándalo que obligó a dimitir a este último envuelto en acusaciones de nepotismo?

1 NivelasoPatriota

Súper interesante y súper relacionado con la noticia esto que comentas. Por favor, cuéntanos más.

2 bufffff burato cu

que conte máis? Este é un retra que ven sempre a insultar