'O Mulo' asegura durante o xuízo na Audiencia de Pontevedra que foi ameazado por outro acusado

O procesado Rafael B.P., coñecido como 'O Mulo', asegurou este mércores na Audiencia de Pontevedra que foi ameazado por outro dos acusados de participar no desembarco frustrado de 3,6 toneladas de cocaína en 2008.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2017 | Actualizada ás 17:17 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O procesado Rafael B.P., coñecido como 'O Mulo', asegurou este mércores na Audiencia de Pontevedra que foi ameazado por outro dos acusados de participar no desembarco frustrado de 3,6 toneladas de cocaína en 2008.

Na terceira sesión do xuízo por narcotráfico que se celebra na Audiencia Provincial de Pontevedra 'O Mulo' acusou ao finalizar a sesión deste mércores a Fernando B. ante o tribunal de ameazarlle tras prestar declaración e admitir os feitos que aparecen recollidos na súa carta manuscrita sobre toda a operación.

"Ameazoume se non cambiaba o que estaba a contar", declarou 'O Mulo' posto en pé mentres sinalaba co dedo ao seu compañeiro que estaba sentado no banco.

Rafael B. recoñeceu durante a vista oral parte dos feitos polos que está acusado e explicou que tiñan unha planadora en Castrelo, Cambados, con seis metros de eslora e que foi preparada ao longo de dous meses. Tamén dixo que contaban con outra lancha en Mosteiro, en Meis, pero non a tiñan para esta actividade.

Na súa declaración, 'O Mulo' vinculou coa organización da operación a José Luís O., que foi condenado noutra causa, pero que non se atopa imputado neste procedemento.

Segundo o relato de 'O Mulo', o barco que lles pasaba a droga, procedente de Colombia, tiña que aproximarse a 1.200 millas da costa galega ata un punto onde eles tiñan que saír a recollela. Ademais, indicou que José Antonio B.P. foi o encargado de dotar á lancha de seis motores.

Con todo, 'O Mulo' desvinculou da operación aos fillos do seu expareja, Víctor Manuel R.C. e a Gustavo Adolfo A.C., do mesmo xeito que fixo con Manuel N.G..

A operación abortouse porque fallaron as comunicacións entre mar e terra e porque viron en dúas ocasións un avión de Vixilancia Aduaneira. Tiraron a droga antes de chegar á costa e non a balizaron. Un detalle que tamén confirmou na súa declaración Luís F., quen unha vez en terra foi o encargado de prenderlle lume á embarcación na Lanzada.

CONFESIÓNS

A vista oral que se segue na Sección Segunda da Audiencia está totalmente condicionada tras a presentación este martes por parte do fiscal antidroga, Pablo Varela, dunha carta manuscrita do propio 'O Mulo' no 2014 na que detallaba a operación pola que se lles están xulgando.

Tras a confesión do xefe tamén explicou este mércores a súa implicación no transporte da droga Luís F. e espérase que nos próximos días outro oito acusados máis fagan o mesmo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta