O directo power-pop de The Posies chega esta semana a Vigo, A Coruña e Ferrol con SON Estrella Galicia

SON Estrella Galicia trae esta semana ás cidades galegas de Vigo, A Coruña e Ferrol o directo power-pop da formación nada nos anos 90 The Posies.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2017 | Actualizada ás 08:07 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

SON Estrella Galicia trae esta semana ás cidades galegas de Vigo, A Coruña e Ferrol o directo power-pop da formación nada nos anos 90 The Posies.

The Posies con SON Estrella Galicia
The Posies con SON Estrella Galicia | Fonte: Europa Press

Con Ken Stringfellow e Jon Auer á cabeza, The Posies "é un referente de melodías infecciosas, mesturas de pop redondo e guitarras ruidosas", segundo informa a organización.

En 2016 publicaron un novo traballo de estudo, 'Solid States', o primeiro desde o seu 'Blood/Candyde' 2010. "Este álbum supón unha reinvención para a agrupación americana, introducindo na súa música elementos electrónicos", segundo engade.

A primeira cita será este xoves ás 21,30 horas na sala La Iguana de Vigo; o venres 26 actuarán ás 22,00 horas no Mardi Gras da Coruña; e o sábado 27 ás 22,30 horas estarán en Super 8 de Ferrol.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta