Quintana destaca as posibilidades do post-Brexit para obter beneficios en materia de cotas

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou este xoves que o post-Brexit é a "ocasión ideal" para revisar o principio de estabilidade relativa que permitiría obter "beneficios importantes para o futuro do sector pesqueiro galego".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2017 | Actualizada ás 17:14 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou este xoves que o post-Brexit é a "ocasión ideal" para revisar o principio de estabilidade relativa que permitiría obter "beneficios importantes para o futuro do sector pesqueiro galego".

Así o explicou a titular do departamento marítimo na inauguración da feira Expomar de Burela (Lugo), que se celebra nesta localidade ata o vindeiro domingo.

Na inauguración deste certame, a conselleira indicou que saída do Reino Unido da Unión Europea abre a porta a poder "revisar" o principio de estabilidade relativa que rexe a repartición de TAC e cotas pesqueiras na UE.

Precisamente, a consecución de máis cotas para o sector pesqueiro galego é a "principal liña de traballo na adecuación da Política Pesqueira Común", indicou a titular de Mar, á vez que se comprometeu a traballar xunto co Goberno central por un aproveitamento íntegro das cotas de pesca.

En relación ao sector, Quintana destacou o incremento alcanzado pola primeira venda de peixe e marisco, que en 2016 foi de 491 millóns de euros pola descarga de 188.600 toneladas, "a mellor cifra dos últimos 20 anos".

Ademais, tamén destacou que desde 2016 aumentaron as afiliacións ao Instituto Social da Mariña e que se deron de alta no sector do mar 274 persoas, segundo os datos de febreiro deste ano.

A titular de Mar cualificou este certame como "un punto de encontro tan relevante como necesario para os profesionais do sector" marítimo, e dixo que conta cunha "ampla proxección xa consolidada".

XORNADAS

Ademais da súa participación na inauguración do certame, esta tarde, a conselleira participará na apertura das 'XXIV xornadas técnicas Expomar 2017'.

Nesta edición, os relatorios centraranse nas consecuencias que terá o Brexit para o futuro do sector pesqueiro galego e no deber de desembarco das especies. Ademais, tamén se abordarán outras cuestións como a rastrexabilidade dos produtos pesqueiros, a cadea de valor do peixe e a comercialización.

No marco deste encontro, o Porto da Coruña e a lonxa presentarán tamén as súas instalacións e servizos para a comercialización de peixe e marisco.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta