O porco celta presentará o seu logo de raza autóctona na Semana Verde de Galicia

Os criadores buscan preservar o patrimonio xenético animal e o mantemento dos sistemas de cría extensivos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2017 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

A directora xeral de Gandaría, Belén do Campo, reuniuse este xoves con portavoces da Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel), que lle adiantaron que o seu logo de raza autóctona 100% será presentado en Abanca Semana Verde de Galicia, nun acto que incluirá unha degustación de porco celta.

Porco celta
Porco celta | Fonte: paulapez

Con este logotipo búscase protexer as razas autóctonas, preservando o patrimonio xenético animal e o mantemento dos sistemas de cría extensivos, que maioritariamente se empregan para a súa explotación.

Isto supón, lembrou a Xunta, un beneficio para a sustentabilidade do medio rural e do medio ambiente e permite realzar e potenciar a calidade destas razas. Ademais, con este selo, facilítaselle ao consumidor "máis información sobre o produto", á vez que para os produtores destas razas "supón unha vantaxe comercial".

A directora xeral explicoulles ao presidente de Asoporcel, José Barreira, e ao técnico da asociación Iván Rodríguez que xa se está tramitando a adenda pola que se modificará o convenio que subscribiron coa Consellería e polo que perciben 85.000 euros anuais ata 2019. Grazas a esta modificación, os gastos subvencionables pasan a ser do 100%, como solicitaba o sector.

A través deste acordo, a entidade desenvolve actividades de recuperación, conservación e fomento da raza porcina celta como as que terán lugar en Silleda, onde está prevista unha degustación de carne. Asoporcel xa estivo presente tamén en Gandagro o pasado mes de xaneiro e en Xantar 2017, entre outras feiras e eventos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 Buffff

estos nazionalistas gallegueros sinvergüenzas quieren meterle la pureza racial hasta a los cerdos. ¿que será lo próximo?

1 Mensagem dende o Japão

Chegou um teletipo do Japão para Buffff, a ver se sabes o que diz: karako-nah

2 Jamón de Guijuelo

Os de Guijuelo sonche moi nacionalistas tamén, e ti si eres máis parvon non naces.

3 teutonio

Menos mal que os porcos ibéricos si son dunha raza non nacionalista

4 Porco de raza

Os españolistas sempre ven ameazas as súa querida "nación" en calquera lado, acho que debe ser algo patolóxico.

5 Porco de raza

Se se chamase Porcus Españolensis (Hispanicus non, non vaian pensar que é de Portugal) seguro que algún de por aquí montaba unha explotación e non comía outra cousa...

6 Eu mesmo

Para porca a raiña porca Isabel de Castilla, que non sabía o que era lavarse. Para pureza racial a da túa caste: australopitecus